miniatura|dereita|200px|Estalactitas na cova de Valporquero. 200px|miniatura|Conxunto de estalactitas do tipo bandeira. miniatura|200px|Grupo de estalactitas creadas pola disolución do cemento.

Unha estalactita (do grego σταλακτίτης stalaktítēs, de στάλαγμα stálagma "gota", de σταλάσσω stalásso, "gotexar"), é un tipo de espeleotema (depósito de minerais que se forman por precipitación química) que se forma no teito dunha cova nunha zona calcaria debido á decantación de solucións e a deposición de carbonato cálcico. Por veces poden unirse coas estalagmitas do solo e formaren columnas ou piares.

As tres formas principais de estalactitas son: vertical: cando é relativamente simétrica respecto a calquera plano vertical; bandeira: cando se deforma a causa dun vento de dirección e sentido constantes, deixando unha sorte de membrana a sotavento; excéntrica: cando a dirección ou sentido do ar na cova é variable e polo tanto o eixo lonxitudinal da estalactita é aleatorio (cf. helictita); Igual que as covas, poden ter orixes variadas, pero principalmente son a orixe dos materiais disoltos ou en suspensión son tres: disolución de carbonato de calcio das rochas calcarias; disolución de materiais orgánicos no pseudokarst; disolución do hidróxido sódico do cemento (artificial);

As estalactitas poden ser macizas ou ter unha canle interior que alimenta a auga. Debido á súa beleza (normalmente o carbonato presenta iridisacións ante a iluminación exterior), ás veces córtanse vandalicamente para pretender desfrutalas na casa, pero é unha alternativa va: a estrutura de cada estalactita é estable unicamente nas condicións de humidade e temperatura nas que se formou.

Véxase tamén

Bibliografía Braund, Martin e Reiss, Jonathan (2004): Learning Science Outside the Classroom. Routledge. ISBN 0-415-32116-6 Kramer, Stephen P. e Day, Kenrick L. (1995): ''Caves'. Carolrhoda Books. ISBN 978-0-87614-447-3

Outros artigos Carso Covas de Galicia Espeleoloxía

Ligazóns externas The Virtual Cave. Stalactites Consultada o 06/09/2012. Wolferam Demostration Projets Stalactites Consultada o 06/09/2012.

Categoría:Espeleoloxía Categoría:Xeomorfoloxía