Carlos II de España, chamado «o Enfeitizado», tamén coñecido como Carlos II de Habsburgo, nado en Madrid, España o 6 de novembro de 1661 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1700), foi Rei de EspañaA titulación variaba duns territorios a outros, desde o Tratado de Lisboa (1668) comprendía na súa totalidade:Rei de Castela e de León, de Aragón (como Carlos II), das dúas Sicilias (Nápoles, como Carlos V, e Sicilia, como Carlos III), de Navarra (como Carlos V), de Xerusalén, de Hungría, de Dalmacia, de Croacia, de Granada, de Valencia, de Toledo, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de Sardeña, de Córdoba, de Córsega, de Murcia, de Xaén, de los Algarves, de Alxeciras, de Xibraltar, das illas Canarias, das Indias orientais e occidentais, das Illas e Terra Firme do Mar Océano, Arquiduque de Austria,Duque de Borgoña (como Carlos III), de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo, Güeldres, Milán, Atenas e Neopatria,Conde de Habsburgo, de Flandres, de Artois, Palatino de Borgoña, de Tirol, de Henao, de Namur, de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña,Príncipe de Suabia,Margrave do Sacro Imperio Romano, Marqués de Oristán e Conde de Gociano,Señor de Vizcaya e de Molina, de Frisia, Salins e MalinasDominador en Asia e África entre 1665 e 1700, último da Casa de Austria. Fillo e herdeiro de Filipe IV e de Mariana de Austria, permaneceu baixo a rexencia da súa nai ata que alcanzou a maioría de idade en 1675. O seu alcume víñalle da atribución do seu lamentable estado físico á bruxería e influencias diabólicas. Parece ser que o sucesivos matrimonios consanguíneos da familia real produciron tal dexeneración que Carlos creceu raquítico, enfermizo e de curta intelixencia, ademais de estéril (sospéitase que sufría a síndrome de Klinefelter),Sobre a estreita consanguinidade dos Austrias como explicación de boa parte das enfermidades do Rei, véxase Gonzalo Álvarez et alii, «El "hechizo" genético de Carlos II», Investigación y Ciencia, 403, abril de 2010, págs. 10-11. o que carreou un grave conflito sucesorio, ao finar sen descendencia e extinguirse así a rama española dos Austrias.

Rexencia de Mariana de Austria (1665-1675) miniatura|200px|esquerda|Carlos II de España no Salón dos Espellos, por Juan Carreño de Miranda (c. 1675). Filipe IV casou no seu primeiro matrimonio con Isabel de Francia (finada en 1644). Desta unión naceu un único fillo varón, o príncipe Baltasar Carlos, morto en 1646, o que provocou que o rei decidise casar en segundas nupcias (1649) coa súa sobriña a arquiduquesa Mariana de Austria, filla do emperador Fernando III e de María Ana de Austria (irmá de Filipe IV), co obxectivo de asegurar a continuidade dinástica no trono. Deste matrimonio naceron varios fillos, dos cales só sobreviviron a infanta Margarida Tareixa e o último dos fillos varóns, Carlos.

O príncipe Carlos apenas tiña catro anos cando o seu pai finou (1665), deixando este establecido no seu testamento como rexente a súa viúva, a raíña Mariana:

A raíña sería asistida por unha Xunta de Rexencia formada por seis membros: o Presidente do Consello de Castela (García Haro Sotomayor y Guzmán, conde de Castrillo) , o Vicechanceler do Consello de Aragón (Cristóbal Crespí de Valldaura), un representante do Consello de Estado (Gaspar de Bracamonte y Guzmán, conde de Peñaranda), un Grande de España (Guillén Ramón de Moncada, marqués de Aytona), o Inquisidor xeral (cardeal Pascual de Aragón) e o Arcebispo de Toledo (cardeal Baltasar Moscoso y Sandoval) como máxima autoridade relixiosa na Monarquía.

Cando se abriu o testamento de Filipe IV, un dos membros da Xunta xa falecera: quedaba así vacante o posto do Arcebispado de Toledo. O seu titular, o cardeal Baltasar Moscoso y Sandoval, morrera só unhas horas antes que Filipe IV. A raíña tivo que buscar solucións e coa intención de deixar vacante o posto de Inquisidor xeral, obrigou a Pascual de Aragón a ocupar o Arcebispado de Toledo. Deste xeito, o posto de inquisidor quedou libre para ser copado pouco despois polo máximo confidente da raíña: o seu confesor o pai Juan Everardo Nithard.

O valemento de Xoán Everardo Nithard miniatura|esquerda|200px|Retrato do cardeal Xoán Everardo Nithard, por Alonso del Arco (c. 1674). A morte de Filipe IV e a asunción da rexencia por parte de Mariana de Austria fixeron que esta se sentise de súpeto soa no medio do vórtice de acontecementos que se sucederon tralo falecemento do seu marido. Albo das miradas, das exaltacións e das críticas, a raíña viúva requiriu o apoio do seu fiel confesor, o pai xesuíta Xoán Everardo Nithard, que a acompañou en 1649 a Madrid desde a corte de Viena, e non só na súa vertente espiritual, senón na controvertida vertente política.

Así, o pai Nithard chegou a copar postos de gran relevancia na monarquía, actuando como un verdadeiro "valido" ao ser case a única persoa na que a raíña rexente depositou a súa plena confianza. Nithard suscitou co seu ascenso un gran número de odios, tanto nos círculos políticos como nos relixiosos; e é que o pai xesuíta non só entrou a formar parte do Consello de Estado en xaneiro de 1666, senón que tamén alcanzou o posto de Inquisidor xeral, a cúspide da grande institución eclesiástica da monarquía. O ascenso do xesuíta a tal dignidade xurídico-relixiosa non foi en absoluto fácil, pero a raíña puxo en xogo todos os recursos que tivo ao seu alcance para conseguir tal cargo para o seu confesor. En primeiro lugar conseguiu que o Inquisidor xeral en funcións, o arcebispo de Toledo, Pascual de Aragón, renunciase ao seu posto e se retirase para o seu arcebispado, deixando á vez o seu posto na Xunta de Rexencia na que, segundo o testamento de Filipe IV, debía estar o Inquisidor xeral.

O segundo paso era o de naturalizar a Nithard, pois un estranxeiro non podía alcanzar o posto de Inquisidor xeral, para o que tivo que gañarse o apoio das cidades castelás con voto en cortes. En terceiro e último lugar, foi necesaria unha aprobación papal xa que Nithard, como xesuíta, debido ás regras da súa compañía, non podía aceptar cargo ningún sen o consentimento do Sumo Pontífice. A raíña non dubidou entón en dirixirse ao papa Alexandre VII para solicitar vehementemente a súa aprobación do posto inquisitorial para o seu confesor.

O papa eximiu a Nithard do seu voto xesuítico que lle impedía exercer cargos políticos, na bula promulgada o 15 de outubro de 1666; con este último acto, o pai xesuíta obtivo o cargo de Inquisidor xeral que de xeito instantáneo o converteu en membro da Xunta de Rexencia.

A nobreza rexeitou desde un principio o ascenso de Nithard, ao que consideraron un advenedizo carente dos merecementos que ostentaba; e os dominicos, orde oposta aos xesuítas, sentíronse feridos no seu orgullo ao observar como un xesuíta lles arrebataba a primacía do confesionario real, así como o gran posto inquisitorial.

Xa que logo, a conxuntura política dun momento no cal o ministro-favorito estaba en decadencia, a baixa condición do elixido, a orde á cal pertencía, as súas mostras de ambición pouco acordes coa súa condición xesuítica e a súa sospeitosa proximidade á raíña, foron as premisas determinantes das numerosas críticas que Nithard recibiu durante o seu valemento.

Porén, Nithard non tivo tanta influencia política como se pensou,Oliván Santaliestra, Laura: "Mariana de Austria en la encrucijada política del siglo XVII", páx. 100. Universidade Complutense de Madrid. Madrid 2006 e de feito espertaron máis oposición as circunstancias do seu encumbramento ou a súa condición de xesuíta estranxeiro de baixa estirpe e o favoritismo que a raíña mostrou pola súa persoa, que a súa verdadeira xestión á fronte da Monarquía. Nithard fíxose odioso porque taponou as vías de acceso á raíña, feito do que tampouco foi totalmente responsable, pois Mariana de Austria amosaba moita desconfianza coa nobreza española e con Xoán Xosé de Austria, o máximo inimigo do confesor. O papel de Nithard como político e aínda como a máis alta autoridade relixiosa da Monarquía foi máis ben mediocre, sendo a súa verdadeira influencia difícil de calibrar. Parece que favoreceu a inserción de determinados personaxes na Xunta de ministros, foi o ideólogo da Garda Chamberga etc., pero os seus votos no Consello de Estado, de carácter máis teolóxico que político, non sempre foron atendidos.

Por outra banda, Nithard tampouco soubo procurar para si unha rede de poder que o mantivese no seu valemento; ao contrario, nos tres anos nos que gozou da proximidade da raíña, foi gañando inimigos ata ser expulsado coa esperanza de que a súa longa distancia acougase a tormentosa situación política.

O conflito entre Xoán Xosé de Austria e Nithard: A caída do valido miniatura|esquerda|Retrato de Xoán Xosé de Austria (1678), de Juan Carreño de Miranda. Entre 1665 e 1668, Xoán Xosé de Austria, fillo bastardo de Filipe IV e, polo tanto, medio-irmán de Carlos II, loitou con forza por conseguir un posto de relevancia na Corte, visiblemente desgastado polas súas continuadas campañas militares en Italia, Cataluña, Flandres e Portugal.

Cando finou Filipe IV, en setembro de 1665, Xoán Xosé de Austria tiña 36 anos, mentres que o seu medio-irmán, Carlos II, tan só 4. No seu testamentoTestamento de Felipe IV (1982), introducción de Domínguez Ortiz, Antonio. Colección Documenta o Rei deixou disposto o seguinte (cláusula 37):

Porén, Xoán Xosé de Austria quedou excluído de todo posto político de relevancia, sexa na Xunta de Rexencia que no Consello de Estado, o que provocou nel un grande estado de prostración, como así indicaba por escrito á Raíña:

A todo isto uniuse o seu malestar, como o doutros grandes e nobres, polo rápido ascenso do xesuíta Nithard.

No terreo político Nithard tivo continuos fracasos, tanto no interior como o exterior (valla recordar o malestar pola firma do Tratado de Lisboa que recoñecía oficialmente a independencia de Portugal). Gañouse ademais moitas antipatías por aconsellar a prohibición das representacións teatrais.

Por outra banda, as esixencias de diñeiro para facer fronte aos múltiples problemas expresados, poñían de relevo a incapacidade do confesor de poñer en marcha unha política económica eficiente. Ademais, os seus proxectos conducintes ao establecemento dunha contribución única e a rebaixar os impostos do consumo, non foron aceptados.

Reinado de Carlos II (1665-1700) miniatura|Retrato de María Luísa de Orleáns, raíña de España, por José García Hidalgo (c. 1679). esquerda|miniatura|Retrato de Mariana de Neoburgo, raíña de España, por W. Humer. Carlos II foi proclamado rei en 1665, aos catro anos. Era unha persoa educada por teólogos e sen coñecementos políticos. Mantivo correspondencia con Sor Úrsula Micaela Morata, mística alacantina, para lle pedir consello. A súa mala saúde facía sospeitar que morrería novo, polo que de novo se descoidou a súa educación; ninguén se preocupou de preparalo adecuadamente para as tarefas de goberno.

A loita contra Valenzuela aumentou e, apoiándose na nobreza, Xoán Xosé de Austria marchou sobre Madrid e tomou o poder en 1677. Valenzuela foi desterrado e a Raíña nai abandonou a Corte, fixando a residencia no Alcázar de Toledo.

Xoán Xosé de Austria, co apoio popular, converteuse no novo valido. O seu goberno quedou ensombrecido pola loita política contra os seus adversarios e a dramática situación da monarquía hispánica, obrigada a ceder o Franco Condado a Francia mediante a Paz de Nimega en 1679. Nese mesmo ano, o Rei, de 18 anos de idade, casa en primeiras nupcias con María Luísa de Orleáns, sobriña de Lois XIV de Francia. Aínda que nunca chegou a estar verdadeiramente namorada do seu marido, co paso dos anos María Luísa chegou a sentir un xenuíno afecto por el. Carlos, pola súa banda, amaba tenramente á súa esposa. Ante a falta de sucesor a raíña chegou a realizar peregrinacións e a venerar reliquias sagradas. Finalmente morreu en 1689, deixando ao rei nun estado depresivo.