O 25 de abril é o 115º día do ano do calendario gregoriano (116º nos anos bisestos). Quedan 250 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|200px|Revolución dos caraveis 799: o papa León III sofre un ataque en Roma. 1707: Batalla de Almansa na guerra de sucesión española 1467: é arrasado o castelo Ramiro, primeira fortificación en caer na Gran Guerra Irmandiña. 1954: inaugurado o aeroporto de Peinador, en Vigo. 1974: Revolución dos caraveis (Revolução dos Cravos) en Portugal: o levantamento militar derruba o réxime implantado polo ditador António de Oliveira Salazar e continuado polo seu sucesor, Marcello Caetano que durou preto de 48 anos. 2007: accidente ferroviario en Valga. Nun paso a nivel un tren rexional bateu cun turismo. Faleceron os seus tres ocupantes"Tres personas mueren arrolladas por un tren cuando cruzaban con su coche un paso a nivel en Pontevedra", ABC, 26 de abril de 2007, p. 28. .
Nacementos miniatura|100px|Guglielmo Marconi. 32 - Otón, emperador romano. 1284 - Eduardo II, rei de Inglaterra. 1599 - Oliver Cromwell, político e militar inglés. 1734 - José Andrés Cornide Saavedra, xeógrafo, naturalista e humanista galego. 1817 - Édouard-Léon Scott de Martinville, impresor, libreiro e escritor francés. 1852 - Leopoldo Alas «Clarín», escritor español. 1853 - Evaristo Martelo Paumán, escritor e avogado galego. 1874 - Guglielmo Marconi, italiano, inventor da radio. 1884 - Marcelino Domingo, mestre e político republicano español (m. 1939). 1900 - Wolfgang Pauli, físico austríaco, Premio Nobel de Física en 1945. 1905 - Emilio Novás Naya, sindicalista e militar galego (m. 1937). 1917 - Ella Fitzgerald, cantante estadounidense. 1926 - Pilar Vázquez Cuesta, escritora e filóloga galega. 1926 - Víctor Moro, político e economista galego. 1927 - Corín Tellado, escritora española. 1927 - Albert Uderzo, debuxante francés, autor de Astérix. 1929 - José Ángel Valente, poeta e ensaísta galego. 1934 - Xosé Diéguez Reboredo, bispo de Osma-Soria, Ourense e Tui-Vigo. 1940 - Al Pacino, actor estadounidense. 1941 - Bertrand Tavernier, director de cine francés. 1945 - Björn Ulvaeus, músico sueco, integrante de (ABBA). 1947 - Johan Cruyff, futbolista holandés. 1954 - Mumia Abu-Jamal, escritor e activista afro-estadounidense. 1954 - Melvin Burgess, escritor británico. 1954 - Fidel Fernán Bello, comunicador galego. 1955 - Américo Gallego, futbolista e adestrador arxentino. 1956 - Xosé Ramón Gayoso, presentador da Televisión de Galicia. 1960 - Cuqui Piñeiro, empresaria e escultora galega. 1964 - Mar Caldas, fotógrafa e artista plástica galega. 1969 - Renée Zellweger, actriz estadounidense. 1981 - Felipe Massa, piloto de Fórmula 1 brasileiro.
Mortes miniatura|100px|Anders Celsius. 1295 - Sancho IV, rei de Castela. 1595 - Torquato Tasso, poeta italiano. 1744 - Anders Celsius, astrónomo sueco. 1853 - William Beaumont, cirurxián militar estadounidense. 1871 - Manuel Ángel Corzo, escritor galego (n. 1842). 1900 - Patricio Delgado Luaces, militar e escritor galego (n. 1850). 1941 - Manuel Cordero Pérez, político socialista galego (n. 1885). 1969 - Margarida Xirgu, actriz (n. 1888). 1996 - Ginger Rogers, bailarina e cantante estadounidense (n. 1911). 1996 - Alejandro Outeiriño Rodríguez, xornalista galego (n. 1906). 2009 - Antonio Pereira González, escritor berciano. 2010 - Alan Sillitoe, escritor británico (n. 1928). 2011 - Gonzalo Rojas, poeta chileno (n. 1917). 2012 - Xaime Illa Couto, intelectual e galeguista galego (n. 1915).
Festas e celebracións Día Mundial do Paludismo. Día Mundial dos Pingüíns Día da Liberación en Italia
Outros Santoral: Marcos o Evanxelista.
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Abril