1707 (MDCCVII) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos Guerra de Sucesión española: 25 de abril - Batalla de Almansa. As tropas de Filipe V vencen o exército catalano-aragonés, abríndoselle as portas da ocupación do Reino de Valencia. 8 de maio - as tropas de Filipe V ocupan a cidade de Valencia. 6 de xuño - as tropas filipistas incendian a vila de Xàtiva. 29 de xuño - Publícase o real decreto de Nueva Planta, que abolen o autogoberno político e administrativo propio do antigo Reino de Valencia e mais do Reino de Aragón. Erupción do volcán Vesuvio, Italia. Nacementos 15 de abril - Leonhard Euler, matemático e físico suízo (m. 1783). 25 de febreiro - Carlo Goldoni, comediógrafo italiano (m. 1793). 12 de maio - Francisco Salzillo, escultor español (m. 1781). 14 de maio - José Quiroga Méndez, mariño galego (m. 1784). 23 de maio - Carl von Linné, botánico, médico e zoólogo sueco (m. 1778). 24 de agosto - Selina Hastings, reformadora metodista inglesa (m. 1791).

Mortes 9 de maio - Dietrich Buxtehude, compositor e organista teuto-dinamarqués (n. 1637). Gérard Edelinck, gravador francés de orixe flamenga (n. 1649).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1707