1877 (MDCCCLXXVII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 1 de xaneiro, India: Disraeli consegue o título de "Emperatriz das Indias" para a Raíña Vitoria. 9 de maio, Romanía: independencia, separándose do Imperio Otomán.

Arte e cultura Publicación de Rumores de los pinos, primeiro libro do poeta galego Eduardo Pondal, que contén obra en galego e castelán.

Nacementos 7 de febreiro - Alfredo García Ramos, xurista, escritor e xornalista galego. 6 de marzo - Ramón de Artaza Malvárez, escritor galego (m. 1976). 6 de marzo - Prudencio Landín Tobío, avogado, político, xornalista e escritor galego (m. 1955). 2 de abril - Frederick Soddy, químico inglés, premio Nobel de Química en 1921. 16 de maio - Alejandro Viana Esperón, político galego (m. 1952). 4 de xuño - Heinrich Otto Wieland, químico alemán, premio Nobel de Química en 1927. 7 de xuño - Charles Glover Barkla, físico inglés, premio Nobel de Física en 1917. 2 de xullo - Hermann Hesse, escritor alemán. 6 de xullo - Niceto Alcalá-Zamora, político e avogado español, primeiro Presidente da Segunda República española. 6 de agosto - Salustiano Portela Pazos, sacerdote e historiador galego (m. 1976). 10 de agosto - Basilio Álvarez, líder do movemento agrario galego. 1 de setembro - Francis William Aston, físico e químico inglés, premio Nobel de Química en 1922. 22 de setembro - Francisco Javier Elola, xuíz e político galego. 8 de novembro - Teixeira de Pascoaes, poeta e escritor portugués (m. 1952). 16 de novembro - Faustino Santalices, gaiteiro e investigador de zanfona galego (m. 1960). 31 de decembro - Viktor Dyk, poeta, escritor, político e avogado checo. Gabrielle Renaudot astrónoma francesa. (m. 1962).

Mortes 4 de xaneiro - Cornelius Vanderbilt, empresario estadounidense. 24 de marzo - Walter Bagehot foi un home de negocios, ensaísta e xornalista, que escribiu extensamente sobre literatura, política, economía e outros moitos asuntos. 13 de setembro - Alexandre Herculano, escritor e historiador portugués. 16 de outubro - Théodore Barrière, dramaturgo francés. 20 de decembro - Heinrich Daniel Ruhmkorff físico alemán. (n.1803) 31 de decembro - Gustave Courbet, pintor francés.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1877