1910 (MCMX) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos miniatura|300px|Obreiros galegos ao servizo da Edison Portland Cement Company de New Village, Nova Jersey, en 1910.Vida Gallega. Número 21, 31/5/1910 1 de xaneiro - Comeza en España o costume de comer doce uvas ao son das doce badaladas da media noite de inicio do ano novo. 8 de febreiro - Arde nun incendio o Teatro Rosalía de Castro de Vigo."Gran incendio en Vigo" (9/2/1910). El Norte de Galicia . 9 de febreiro - En España, trala caída do Goberno liberal, Afonso XIII encarga a José Canalejas, partidario da democratización e do reformismo social, a formación dun novo gabinete. 11 de febreiro - Seis mil soldados chineses, instruídos por oficiais estranxeiros, rebélanse e saquean Cantón, China. 14 de febreiro - Cincuenta mil manifestantes piden en Berlín un sistema electoral libre, igualitario, directo e secreto en Prusia. 21 de febreiro - O rei Afonso XIII firma un decreto de indulto para a maioría dos condenados polos sucesos da Semana Tráxica de Barcelona. 1 de marzo - Presentado no Instituto Nacional de Previsión (Madrid) o proxecto de seguros para obreiros. 31 de maio - O Parlamento británico funda a Unión Surafricana (Lei de Suráfrica). 3 a 4 de outubro - Estala en Portugal o movemento revolucionario que derroca a monarquía. 30 de outubro - Fundación da Confederación Nacional do Traballo (CNT).
Arte e cultura O pintor Henri Matisse realiza A Danza.
Nacementos 1 de xaneiro - David Niven, actor británico. 4 de xaneiro - Elixio Rodríguez, destacado galeguista. (m. 2007). 10 de xaneiro - Galina Sergeyevna Ulanova, bailarina rusa. 20 de xaneiro - Joy Adamson, naturalista austríaca. 27 de xaneiro - Félix Candela, arquitecto e enxeñeiro español. 13 de febreiro - William Bradford Shockley, físico estadounidense. 23 de marzo - Akira Kurosawa, director de cine xaponés. 25 de marzo - Óscar Castro Zúniga, escritor e poeta chileno. 31 de maio - Luis Rosales, poeta español. 1 de xuño - Luís Seoane, editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego (m. 1979). 11 de xuño - Jacques Cousteau, oceanógrafo francés. 13 de xuño - Gonzalo Torrente Ballester, escritor galego. 23 de xuño - Jean Anouilh, dramaturgo francés (m. 1987). 4 de xullo - Robert K. Merton, sociólogo estadounidense. 7 de xullo - Francisco Landín Pazos, músico e compositor galego (m. 1980) 15 de outubro - Hadis Alemayehu, escritor e político etíope (m. 2003). 19 de outubro - Subrahmanyan Chandrasekhar, físico, astrofísico e matemático indio, premio Nobel de Física en 1983. 29 de outubro - Alfred Jules Ayer, filósofo británico. 30 de outubro - Miguel Hernández, poeta español. 30 de outubro - Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego. 24 de novembro - Felicísimo Pérez Ortega, político galego. 3 de decembro - Paul Bowles, escritor, compositor e viaxeiro estadounidense. 19 de decembro - Jean Genet, dramaturgo francés. 19 de decembro - José Lezama Lima, escritor cubano.
Mortes 18 de febreiro - Andrés Landín, xornalista e político galego. 20 de marzo - Antonio López Ferreiro, escritor e historiador galego. 21 de abril - Mark Twain, escritor estadounidense. 6 de maio - Eduardo VII rei de Gran Bretaña. 13 de maio - Eduardo Pardo Gómez, xornalista e escritor galego. 30 de xullo - Aurelio Enríquez González, médico e político galego (n. 1845). 20 de agosto - Francisco Suárez Salgado, sacerdote e xornalista galego. 26 de agosto - William James, filósofo estadounidense. 2 de setembro - Henri Rousseau, pintor francés. 30 de outubro - Jean Henri Dunant, fundador da Cruz Vermella e premio Nobel da Paz en 1901. 2 de novembro - Raimon Casellas, escritor e xornalista catalán (m. 1855). 20 de novembro - Lev Tolstói, escritor ruso.
Premios Nobel Física: Johannes Diderik van der Waals Química: Otto Wallach Fisioloxía ou Medicina: Albrecht Kossel Literatura: Paul von Heyse Paz: Permanent International Peace Bureau
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1910