Acontecementos América 1 de xaneiro, Arxentina: entra en vigor o Código Civil arxentino, escrito por Dalmacio Vélez Sársfield.
Europa 1 de xaneiro, Apróbase oficialmente en España o sistema métrico decimal. 2 de xaneiro, O rei de España, Amadeu de Savoia, xura a Constitución. 18 de xaneiro - Proclámase formalmente en Versalles, Francia, o II Reich alemán. O rei Guillerme I de Alemaña, é aclamado como emperador. 8 de marzo - Primeiras eleccións xerais celebradas durante o reinado de Amadeu I. 10 de maio - Tratado de Frankfurt: pecha a guerra franco-prusiana. Alsacia e mais Lorena pasan a Alemaña, e Francia deberá pagar unha indemnización de 5.000 millóns de francos de ouro a Alemaña.
Arte e cultura 24 de decembro - Estrea da ópera de Giuseppe Verdi, Aida, na Ópera do Cairo.
Nacementos 7 de xaneiro - Émile Borel, matemático e político francés (m. 1956). 15 de xaneiro - Louis Riboulet, pedagogo francés (m. 1944). 17 de xaneiro - David Beatty, oficial británico (m. 1936). 26 de xaneiro - Samuel Hopkins Adams, escritor e xornalista estadounidense (m. 1958). 3 de febreiro - Jean-Baptiste Mimiague, tirador de esgrima francés (m. 1929). 12 de febreiro - Adolfo Emanuel Guimarães de Azevedo, escritor brasileiro (m. en 1907). 15 de febreiro - Martin Knudsen, físico danés (m. 1949). 23 de febreiro - Cándido Abellás Vázquez, relixioso e escritor galego (m. 1951). 5 de marzo - Rosa Luxemburg, revolucionaria e pensadora alemá. 15 de marzo - Constantin Argetoianu, político romanés (m. 139). 19 de marzo - Ramón Parada Justel, pintor galego. 25 de marzo - Louis Perrée, tirador de esgrima francés (m. 1924) 27 de marzo - Heinrich Mann, escritor alemán (m. 1950). 30 de marzo - Manuel Banet, avogado e escritor galego (m. 1962). 8 de abril - Clarence Hudson White, fotógrafo estadounidense (m. 1925). 11 de abril - José Laurentino Lorenzo 'Tabara', caricaturista galego (m. 1923). 12 de abril - Ioannis Metaxas, político grego (m. 1941). 6 de maio - Victor Grignard, químico francés, premio Nobel de Química en 1912. 9 de maio - Xurxo Aleksandrovich Romanov, fillo do tsar Alexandre III de Rusia (m. 1899). 5 de xuño - Michele Angiolillo, xornalista e anarquista italiano (m. 1897). 21 de xuño - Ramón Godás, fotógrafo galego (m. 1952). 24 de xuño - Martín Manterola Lazcano, frade e predicador vasco (m. 1931). 28 de xuño - Xosé María Barreiro, xornalista e escritor galego (m. 1923). 30 de xuño - Narciso Rivas Martínez, avogado e político galego (m. 1939). 2 de xullo - Ovidio Murguía Castro, pintor galego. 10 de xullo - Marcel Proust, escritor francés. 14 de xullo - Carlos Masquelet, enxeñeiro militar galego (m. 1948). 15 de xullo - Enrique Salcedo, militar español (m. 1936). 27 de xullo - Ernst Zermelo, matemático alemán.
11 de agosto - Purificación Pazó Prado, mestra e política galega (m. 1958).
13 de agosto - Karl Liebknecht, dirixente socialista alemán.
13 de agosto - Víctor Said Armesto, escritor e catedrático galego. 19 de agosto - Orville Wright, inventor estadounidense (m. 1948). 21 de agosto - Leonid Andreiev, escritor ruso (m. 1919). 26 de agosto - Julio Dávila, historiador, xeógrafo e escritor galego (m. 1971). 30 de agosto - Ernest Rutherford, físico e químico británico, premio Nobel de Química en 1908. 22 de setembro - Miguel Gil Casares, médico e catedrático galego (m. 1931). 28 de setembro - Grazia Deledda, escritora italiana, premio Nobel de Literatura en 1926 (m. 1936). 28 de setembro - Gerardo Machado, presidente de Cuba (m. 1939). 4 de outubro - John Hendley Barnhart, botánico estadounidense (m. 1949). 26 de outubro - Joaquín Chapaprieta, político español (m. 1951). 30 de outubro - Paul Valéry, poeta francés (m. 1945). 1 de novembro - Stephen Crane, escritor e poeta estadounidense (m. 1900). 14 de novembro - José Mareque Santos, político español (m. 1937). 18 de novembro - Manuel Magariños Castaños, xornalista galego (m. 1941). 1 de decembro - José Cavalcanti, militar e político español (m. 1937). 4 de decembro - Enrique Heraclio Botana, dirixente socialista galego (m. 1936) 5 de decembro - Perfecto Pereiro Castro, empresario galego (m. 1947). 10 de decembro - Xerardo Álvarez Limeses, mestre e escritor galego. 16 de decembro - Manuel Fernández Silvestre, militar español (m. 1921). 29 de decembro - William Thomas Calman, zoólogo escocés (m. 1952). Fernando Hué de la Barrera, enxeñeiro galego (m. 1935). Grafton Elliot Smith, anatomista autraliano (m. 1937). Pedro Campos Couceiro, político galego (m. 1954). Pío Carrasco Iglesias, empresario e político galego (m. 1932). Maximino Crespo Rivas, avogado e político galego (m. 1916). Stefan Demurow, sacerdote ruso (m. 1938). Emili Huguet i Serratacó, naturista e xeógrafo catalán (m. 1951). Faustino Juste Domínguez, agrarista e político galego. Luciano Meleiro Tejada, notario e xornalista galego (m. 1931). Alfredo Moreno Osorio, enxeñeiro de camiños galego (m. 1932). Alejandro Mosquera Caride, médico e político galego (m. 1925). Manuel Vidal Rodríguez, escritor e investigador galego (m. 1941).
Mortes 7 de xaneiro - Claudio Amoedo, médico arxentino (n. 1830). 20 de xaneiro - Pierre Alexis Ponson du Terrail, novelista francés (n. 1829). 25 de xaneiro - Jeanne Villepreux-Power, naturalista francesa (n. 1794). 20 de febreiro - Paul Kane, pintor irlando-canadense (n. 1810). 22 de febreiro - Luis José Sartorius, xornalista e político español (n. 1820). 18 de marzo - Augustus De Morgan, matemático e lóxico inglés. 30 de marzo - Luísa dos Países Baixos, raíña consorte de Suecia e Noruega (n. 1828). 2 de abril - Francisco Javier de Istúriz, político español (n. 1790). 25 de abril - Manuel Ángel Corzo, escritor galego (n. 1842). 11 de maio - John Herschel, científico inglés (n. 1792). 12 de maio - Daniel Auber, compositor francés (n. 1782). 23 de maio - Ramón de la Sagra, biólogo e anarquista galego (n. 1798). 7 de xuño - August Immanuel Bekker, filólogo e crítico alemán (n. 1785). 9 de xuño - Anna Atkins, bióloga, botánica e fotógrafa inglesa (n. 1799). 18 de xullo - Sinforoso Amoedo, médico arxentino (n. 1823). agosto - José Mármol, poeta arxentino (n. 1818). 1 de setembro - Luis González Bravo, periodista e político español (n. 1811). 9 de setembro - Stand Watie, líder da Nación Cherokee e xeneral do Exército dos Estados Confederados (n. 1806). 18 de outubro - Charles Babbage, científico británico (n. 1791). 22 de outubro - Roderick Murchison, xeólogo escocés (n. 1792). Celedonio de Uribe, enxeñeiro de camiños español (n. 1823).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1871