dereita|miniatura| O anfiteatro Verniquet (tamén coñecido como "Gran Anfiteatro"), no Jardin des Plantes, en París (Francia). O Museo Nacional de Historia Natural de Francia organiza conferencias e outros eventos no seu interior. Un anfiteatro é un tipo de aula, xeralmente semicircular, caracterizada polo feito de que os asentos para o público asistente están dispostos de forma escalonada en forma de bancadas, moitas veces semicirculares.
Descrición Este tipo de aulas poden consistir en salas situadas dentro de edificios máis grandes, ou mesmo ser edificios propios. Segundo cada anfiteatro, as bancadas poden ser de planta cuadrangular ou semicircular, podendo estar ou non equipadas con mesas ou superficies para escribir ou tomar notas.
Capacidades e usos Normalmente os colexios e pequenos centros de formación dispoñen de aulas convencionais con capacidade para entre unha ducia de persoas e medio cento. Os anfiteatros, pola contra, adoitan ter capacidade para albergar varios centos de persoas. Ademais, os anfiteatros modernos adoitan estar equipados con sistemas audiovisuais, como micrófonos acoplados a instalacións de megafonía e retroproxectores ou videoproxectores.
Tipos Nalgunhas universidades o anfiteatro é grande e coincide coa Aula Magna.
Un tipo particular de antiteatro nas universidades é o anfiteatro anatómico, unha sala deseñada para demostracións e ensino de anatomía, tanto de Medicina como de Veterinaria. Xa existían nas primeiras universidades modernas, o primeiro anfiteatro anatómico foi construído en 1594 na Universidade de Padua.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Auditorio Aula Magna Anfiteatro Bancada Universidade
Categoría:Arquitectura civil Categoría:Recursos para o ensino