Toni Nakić, nado o 1 de xuño de 1999 en Šibenik, é un xogador croata de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do GKK Šibenka, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB. Cunha altura de 2,00 m, xoga nas posicións de ala e ala-pivote. Na temporada 2021−22 foi o MVP das Finais da HT Premijer liga, máxima categoría do baloncesto croata.
Traxectoria Nado en Šibenik, Nakić comezou a xogar desde os 14 anos no principal equipo da súa cidade natal, o GKK Šibenka. a xogar ao baloncesto. No Šibenka destacou nas temporadas 2018−19 e 2019−20, onde promediou preto de 16 puntos, 5 rebotes e 3 asistencias por encontro. O seu rendemento levouno a asinar en 2020 polo Cibona Zagreb, equipo onde xogou tanto na liga doméstica como na Liga ABA. Co equipo da capital croata conseguiu o título de liga en 2022, onde achegou 8 puntos e 3 rebotes por encontro cunha porcentaxe en lanzamentos de tres do 43,5%, sendo ademais nomeado mellor xogador das finais da liga. A nivel internacional xogou tanto para todas as categorías inferiores como para a selección absoluta de Croacia.
Clubs Ao longo da súa carreira, Nakić ten xogado para os seguintes equipos profesionais: GKK Šibenka (HTPL, 2014–2020) Cibona Zagreb (ABA / HTPL, 2020−2022) CB Breogán (ACB, 2022− )
Palmarés Campión da Liga de Croacia (1): 2022 Campión da Copa de Croacia (1): 2022 MVP das Finais da Liga de Croacia (1): 2022 Medalla de Prata no Eurobasket 2018
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en ABA Liga Perfil en Proballers Perfil en Draft Express
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Šibenik Categoría:Xogadores de baloncesto de Croacia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores do GKK Šibenka Categoría:Xogadores do KK Cibona Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán