Florentino del Río López de Ipiña, nado en Vitoria cara a 1902, foi un telegrafista e político vasco.

Traxectoria Telegrafista, foi oficial suplente no Centro provincial da Coruña,El Ideal Gallego, 14-8-1931, p. 6. e despois foi telegrafista de Muros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou cos republicanos que lograron fuxir do porto de Muros. Detido, foi procesado e xulgado por rebelión en Santiago de Compostela o 20 de marzo de 1937.El Eco de Santiago, 20-3-1937, p. 2. Defendido por Gonzalo Romero Osende, foi condenado á pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 20-10-1941, p. 3823-3826.

Vida persoal Casou en Frades con Julia Negreira Agrafojo en 1933,La Voz de Galicia, 11-11-1933, p. 9. e foi pai de Julia, Emilia, Isabel, Carmen Blanca, Rosario e Julián Antonio del Río Negreira.

Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1902