O Erika foi un petroleiro maltés de bandeira de conveniencia construído no Xapón en 1975, propiedade da empresa Tevere Shipping e xestionado por Panship Management and Services Srl. O 12 de decembro de 1999 o petroleiro afundiuse nunha tormenta, partindo en dous e provocando unha marea negra nas costas da Bretaña. No momento do incidente foi fretado por TTC (Total Transport Corporation)
Historia esquerda|miniatura|Mapa do rumbo que levou o Erika até o seu afundimento e a posterior contaminación da costa no golfo de Biscaia. En decembro de 1999 transportaba 30 000 toneladas de fueloil pesado desde Dunkerque a Livorno (Italia), adquirido pola empresa eléctrica italiana Enel a Total Bermuda, que á súa vez o comprara a Total-Fina-Elf. En plena travesía do Cantábrico e cunha forza de mar de 8 a 10, o barco (que tiña todos os permisos en regra) rompeu en dous por un defecto estrutural e o desgaste normal nun barco da súa antigüidade (25 anos), provocando unha catástrofe ecolóxica en forma de marea negra na costa bretoa.
En xaneiro de 2007 o tribunal correccional de París ditou unha sentenza condenando a Total, o armador, o xerente do petroleiro e a empresa de certificación italiana Rina (responsable das inspeccións técnicas do buque) a pagar colectivamente 192 millóns de euros de indemnización ás vítimas da marea negra. A mesma sentenza absolve ao capitán, e aos axentes do servizo de salvamento que foron acusados de neglixencia.
A sentenza é histórica porque establece en Francia por primeira vez o concepto de "dano ecolóxico". Finalmente non houbo sentenza para o capitán indio das cortes francesas.
O desastre levou á adopción de medidas na Unión Europea para mellorar a seguridade dos buques e a protección ambiental, incluíndo a prohibición de petroleiros monocasco e buques en mal estado. O naufraxio do Prestige provocou a aceleración da aplicación da normativa chamada paquete Erika.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Marea negra Contaminación Prestige Axencia Europea de Seguridade Marítima
Ligazóns externas Sitio web do goberno francés sobre o desastre do Erika Xuízo Erika Paris 2007 Apelo : xuízo ERIKA, París outubro-novembro 2009 Artigo, escrito por un mariñeiro, sobre o caso Fotos tomadas pola tripulación horas antes do afundimento Erika: Sentenza (en francés), París, 5 de outubro de 2009
Categoría:Historia da Bretaña Categoría:Petroleiros
Categoría:1999
Categoría:Catástrofes ecolóxicas