O cabo da vara era un condenado que en España se encargaba de manter a disciplina entre o resto dos presos dun cárcere, brandindo unha vara, o instrumento de castigo que lle daba nome.
Aínda que en 1885 foron substituídas legalmente por "gardas", seguiron utilizándose. Os cabos recorreron á violencia e aos malos tratos, e mesmo á tortura, para manter a orde e reforzar a súa autoridade delegada. Sobre os seus actos presentáronse denuncias. A súa figura foi asimilada á dos kapos dos campos de concentración nazis. Na inmediata posguerra da Guerra civil de 1936-1939 reapareceron coa represión franquista nos cárceres, campos de concentración e outros centros de internamento ateigados de presos políticos Así lembrou un preso a súa experiencia coas puntas da vara nos cárceres franquistas:
Outro preso viviu unha experiencia similar: En 1965 publicouse a novela de Tomás Salvador Cabo de vara, reeditada en 1970. Oito anos despois converteuse nunha película co mesmo título do director Raúl Artigot
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historia de España do século XIX Categoría:Campos de concentración Categoría:Prisioneiros de guerra Categoría:Tortura Categoría:Franquismo en Galicia Categoría:Historia contemporánea de España