Lino Tieles Blanco, coñecido como Boxeador, nado en Muros o 25 de marzo de 1914 e finado en Ares o 3 de xullo de 2011, foi un boxeador e político galego.
Traxectoria Boxeador, veciño de Serres. En 1936 foi campión galego do peso galo de boxeo. Foi elixido polos seus compañeiros delegado de pesca de Muros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu na requisa dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa nos que fuxiron os republicanos de Noia e Muros na madrugada do 26 de xullo. Agochouse na casa "Dios Divon" propiedade de Dolores Barreiro Díaz. Descuberto en decembro de 1936, foi detido o día 17.El Compostelano, 26-12-1936, p. 2. Foi procesado e xulgado por rebelión en Santiago de Compostela con Manuel Lago Ramos, Isidro Caramés Tajes e Peregrino Lestón González o 15 de febreiro de 1937.El Ideal Gallego, 16-2-1937, p. 2. Defendidos por Gonzalo Romero Osende, Lino foi condenado a pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua. Pasou sete anos en prisión. Ao saír da cadea volveu a Esteiro. Volveu ser detido en abril de 1943 e ingresou na Prisión da Coruña, de onde saíu en liberdade en maio dese ano.Registro-Índice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo General de la Administración. Foi sancionado con mil pesetas pola Fiscalía provincial de Taxas en 1943.La Voz de Galicia, 27-10-1943, p. 2.
Volveu participar nas competicións de boxeo en 1945.El Ideal gallego, 13-11-1945, p. 5. Foi procesado na causa 49/46 por roubo a man armada xunto con Isidro Caramés Tajes e Peregrino Lestón González. O xulgado militar de Santiago de Compostela publicou unha requisitoria reclamando a súa presentación en setembro de 1946.BOE, 10-9-1946, p. 2392. En 1947 colleu un barco en Esteiro e fuxiu a Francia. Instado en Arcachon, onde casou, prestou axuda aos pesqueiros españois apresados en Francia. Finou en Arcachon o 3 de xullo de 2011 con 97 anos.Avis de décès
Recoñecementos Gran Cruz de Cabaleiro da Orde ao Mérito Civil en 1987.La Voz de Galicia, Santiago, 14-7-1987, p. 28. Homenaxe do Concello de Muros en 2005.Muros rindió homenaje a los vecinos que sufrieron el exilio
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O verán de 1936 en Muros. "Ustedes digan lo que quieran, que nosotros escribiremos lo que queramos"
Categoría:Boxeadores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1914
Categoría:Finados en 2011