Ann Tsukamoto, nada o 6 de xullo de 1952, é unha inventora e investigadora estadounidense en células nai.

Traxectoria Ann é coñecida sobre todo por copatentar un proceso para illar a célula nai humana, patente que lle foi concedida en 1991. O traballo e as contribucións de Ann Tsukamoto deron lugar a avances revolucionarios no campo da investigación con células nai e "na comprensión dos sistemas sanguíneos dos pacientes con cancro", levando á ciencia e á industria da investigación a novas cotas e descubrimentos de vangarda. En resumo, a investigación de Ann e os seus posteriores inventos seguen sendo vitais para conseguir algún día a cura do cancro e dos tumores malignos/invasivos no corpo humano.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Alumnos da Universidade de California, San Diego Categoría:Nados en 1952 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles