José Pedreira Burés, nado cara a 1910 en Avellaneda (Arxentina), foi un mecánico e político galego.
Traxectoria Logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro e tenente de alcalde de Noia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu dende Muros nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa cara a Bilbao. Combateu no exército republicano. Prisioneiro de guerra, foi enviado a un batallón de traballadores en Cádiz. Xulgado na Coruña por rebelión militar foi condenado á pena de morte, conmutada por cadea perpetua. Instruíronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.BOE, 8-1-1942, p. 157-186.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Ustedes digan lo que quieran, que nosotros escribiremos lo que queramos"
Categoría:Concelleiros de Noia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Avellaneda
Categoría:Nados en 1910