Uzodinma Iweala, nado en Washington, D.C. o 5 de novembro de 1982, é un escritor e doutor nixeriano-estadounidense. A súa primeira novela, Beasts of No Nation, é o produto da súa tese sobre escrita creativa en Harvard. Conta a historia dun neno soldado nun país africano sen nome. O libro, publicado en 2005 e adaptado no galardoado filme de 2015, tivo recensións en Time Magazine, The New York Times, Entertainment Weekly, The Times e Rolling Stone. En 2012, lanzou o libro de non ficción Our Kind of People, sobre a epidemia de VIH/SIDA en Nixeria. Posteriormente lanzou a novela Speak No Evil, publicada en 2018, que fala da vida dun rapaz nixeriano-estadounidense gai chamado Niru.

Iweala é o director de The Africa Center en Harlem, Nova York.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Son: Uzodinma Iweala reading from Beasts of No Nation no Seminario Literario Key West, 2008. Son: Iweala reads from work-in-progress about people living with HIV/AIDS in Nigeria no Seminario Literario Key West, 2008. Entrevista radiofónica en Bookworm. Andrea Sachs, "Galley Girl Catches Up With Uzodinma Iweala" (interview), Time magazine, 29 de novembro de 2005.

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de Nixeria