Valvomo foi unha banda finlandesa de Helsinqui e Espoo. A banda é especialmente coñecida pola súa canción de 2006 "Mikä kesä?", que se converteu nun éxito do verán e permaneceu no alto da lista oficial de singles de Finlandia durante sete semanas.
Orixinalmente a banda fundouse para tocar synthpop, mais o estilo axiña mudou a unha música rítmica bailable, na que tamén había influencias do ska. Valvomo aspirou tamén a ser unha banda política. Un exemplo disto é entre outros o tema ”Ensimmäinen kaiken ottaa” que se escoitou moito na radio.
Algúns membros da banda actuaron baixo nomes artísticos, por exemplo o baixista Markiisi, tamén coñecido como Markus Lindén é coñecido tamén como ilustrador independente e ten feito xunto con Teiska, de nome real Jaakko Teittinen, a serie de libros de Pentti Hirvonen. Eles teñen antecedentes nalgunhas formacións anteriores.. Setä, nome co que era coñecido Alex Keskitalo, e Ville Sjöblom formaron parte tamén da banda de rock progresivo Overhead. Keskitalo foi cantante e frautista da banda dende o ano 2000..
Keskitalo traballa como programador nun despacho de avogados e fai música para o caixón do seu escritorio para o seu propio pracer. É frautista convidado no álbum White Mountain da banda Kiki Pau White Mountain. e corista no álbum Julius Caesarin anatomia de Joose Keskitalo.
Membros Alex "Setä" Keskitalo: voz Jaakko "Teiska" Teittinen: guitarra Ville Sjöblom: batería Markus "Markiisi" Lindén: baixo
Discografía Álbums Heitä ensimmäinen kivi (2006) Toivo (2008)
Singles Ovi ois (2006) Mikä kesä? (2006) Ensimmäinen kaiken ottaa (promo, 2006) Tiistai (promo, 2007) Soo Soo (promo, 2008) Matkaan (promo, 2008)
EPs Promo-CD (demo-EP, 2005) Kesä-promo (demo-EP, 2005)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web arquivado de Valvomo
Categoría:Grupos musicais de Finlandia Categoría:Grupos musicais formados en 2005