Invincible é unha serie estadounidense-canadense de animación adulta baseada na banda deseñada homónima creada por Robert Kirkman, Cory Walker e Ryan Ottley para Image Comics. A serie estreouse en Amazon Prime Video e conta a historia dun rapaz de 17 anos chamado Mark Grayson e a súa transformación nun superheroe baixo a guía do seu pai, Omni-Man, o máis poderoso ser da Terra. Durante a súa transformación, Mark atópase loitando entre a súa vida persoal e os deberes de superheroe, onde se verá obrigado a demostrar que pode ser o heroe que é o seu pai. A serie está protagonizada polas voces de Steven Yeun, Sandra Oh e J. K. Simmons no papel da familia Grayson.

Logo da súa estrea, a serie recibiu a aclamación da crítica e da audiencia, que eloxiou a súa animación, secuencias de acción, historia, guión, actuación das voces, peso emocional e lealdade ao material orixinal. En abril de 2021, logo do remate da primeira tempada, Amazon renovou a serie por dous tempadas máis. A segunda tempada estrearase o 3 de novembro de 2023. O 21 de xullo de 2023, Amazon estreou un episodio especial a modo de precuela titulado Invincible: Atom Eve.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Prime Video