é un filme xaponés de 2007 de animación e ciencia ficción escrito e dirixido por Hideaki Anno. É o primeiro título da tetraloxía Rebuild of Evangelion, baseada na serie de televisión Neon Genesis Evangelion. A historia, que está ambientada na cidade futurista de Tokyo-3 quince anos despois dunha catástrofe planetaria coñecida como o Segundo Impacto, céntrase en Shinji Ikari, un rapaz que é recrutado pola axencia especial Nerv para pilotar un mecha xigante coñecido como Eva, e loitar xunto coa súa compañeira piloto Rei Ayanami contra unha especie de monstros misteriosos coñecidos como Anxos. O filme conta co mesmo elenco de actores de voz da serie orixinal, incluíndo Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Kotono Mitsuishi como Misato Katsuragi.

Evangelion: 1.0 foi concibido como a primeira entrega dun remake en tres partes de Neon Genesis Evangelion cunhas cento cincuenta novas tomas; porén, durante a produción o persoal non puido reutilizar os debuxos orixinais da serie e tivo que comezar a produción dende cero. A medida que avanzaba a produción, o proxecto comezou a desviarse da serie orixinal, introducindo diferenzas na trama e na caracterización dos personaxes. Hideaki Anno uniuse na dirección por Kazuya Tsurumaki e Masayuki, ambos os dous foron axudantes de dirección da serie orixinal. Os guións gráficos foron creados por Shinji Higuchi e Tomoki Kyoda.

O filme, que repasa a trama dos seis primeiros episodios da serie, tivo unha acollida positiva no Xapón, recadando preto de dous mil millóns de iens e xerando ingresos considerables para o mercado do vídeo de conssumo doméstico. No estranxeiro, Evangelion: 1.0 tivo unha recepción máis polarizada, aínda que positiva en xeral; os críticos describírono como demasiado derivado da serie clásica e afirmaron que recortou detalles importantes, mentres que outros eloxiaron a súa dirección, banda sonora e trama, con especial atención ao seu uso dos gráficos CGI. A longametraxe tamén gañou recoñecementos, recibindo premios, entre outros, na Animation Kobe e Tokyo International Anime Fair.

Personaxes Personaxes Voz xaponesa Megumi Ogata Kotono Mitsuishi Fumihiko Tachiki Megumi Hayashibara Yuriko Yamaguchi Akira Ishida Motomu Kiyokawa Miki Nagasawa Takehito Koyasu Hiro Yuuki Tomokazu Seki Tetsuya Iwanaga Junko Iwao Mugihito Megumi Hayashibara

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Kazuya Tsurumaki Categoría:Filmes dirixidos por Hideaki Anno Categoría:Filmes de Neon Genesis Evangelion Categoría:Filmes ambientados en 2015