é un filme xaponés de 2009 de animación e ciencia ficción escrito e dirixido por Hideaki Anno. É o segundo título da tetraloxía Rebuild of Evangelion, baseada na serie de televisión Neon Genesis Evangelion. Foi producido e distribuído polo Studio Khara de Hideaki Anno en colaboración con Gainax.
O filme continúa a historia de Evangelion: 1.0 You Are (Not) Alone, con Shinji Ikari no papel principal como o piloto dun dos xigantescos Evangelion como parte da loita continua de NERV contra as misteriosas criaturas coñecidas como Anxos. Aínda que reproduce moitas escenas e elementos da trama da serie orixinal, o filme tamén introduce outras novas, incluíndo criaturas de deseño novo e personaxes novos, como Mari Illustrious Makinami, e integra tecnoloxía CG 3D. O seu final facilita a transición aos importantes cambios na historia orixinal que se relatan no terceiro filme, Evangelion: 3.0 You Can (Not) Redo.
Personaxes Personaxe Voz xaponesa Shinji Ikari Megumi Ogata Misato Katsuragi Kotono Mitsuishi Gendo Ikari Fumihiko Tachiki Asuka Langley Shikinami Yūko Miyamura Rei Ayanami Megumi Hayashibara Mari Illustrious Makinami Maaya Sakamoto Ritsuko Akagi Yuriko Yamaguchi Ryoji Kaji Kōichi Yamadera Kaworu Nagisa Akira Ishida Kozo Fuyutsuki Motomu Kiyokawa Maya Ibuki Miki Nagasawa Shigeru Aoba Takehito Koyasu Makoto Hyuga Hiro Yuuki Toji Suzuhara Tomokazu Seki Kensuke Aida Tetsuya Iwanaga Hikari Horaki Junko Iwao Keel LorenzMugihito Yui Ikari Megumi Hayashibara
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Kazuya Tsurumaki Categoría:Filmes dirixidos por Hideaki Anno Categoría:Filmes de Neon Genesis Evangelion