O monstro mariño (en ) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Chris Williams, no seu debut como director en solitario. O filme está protagonizado polas voces de Karl Urban, Zaris-Angel Hator, Jared Harris, Marianne Jean-Baptiste, Dan Stevens e Kathy Burke.
Producido en Netflix Animation, o filme estreouse en cinemas escollidos o 24 de xuño de 2022, antes de estrearse en Netflix o 8 de xullo, onde conta con versión dobrada e subtitulada ao galego, sendo o primeiro filme orixinal desta plataforma en estar en galego, (antes xa estiveran o filme Ons e a serie O sabor das margaridas, pero non eran produción propia de Netflix).
O monstro mariño foi traducido para dobraxe por María Luísa Lage e para subtitulado por Noelia Bernárdez Alonso.
Sinopse Un cazador de monstros de mar lendario ten unha epifanía cando unha moza polisón se fai amiga do monstro máis perigoso de todos.
Personaxes +PersonaxeDobraxe en inglésDobraxe en galego Jacob HollandKarl UrbanJuan José Miranda Maisie BrumbleZaris-Angel HatorMar Miranda Capitán CrowJared HarrisJuan Diéguez Sarah SharpeMarianne Jean-BaptisteAntía Álvarez Admiral Hornagold Dan StevensJulio Lorenzo Gwen BatterbieKathy BurkeAlicia Borrás O rei Jim CarterRoberto Reboiro A raíña Doon MackichanBeatriz García Ms. MerinoHelen SadlerTeresa Santamaría
Produción Desenvolvemento O 5 de novembro de 2018, Netflix anunciou que Chris Williams escribiría e dirixiría un filme animado titulado Jacob and the Sea Beast. O 7 de novembro de 2020, o título do filme foi cambiado a The Sea Beast.
Animación Os servizos de animación foron achegados por Sony Pictures Imageworks.
Música Mark Mancina compuxo a banda sonora do filme.
Estrea En marzo de 2022, Netflix anunciou a data de estrea, o 8 de xullo de 2022. O filme estreouse en cinemas escollidos de AMC, Cinemark, Regal, Cineplex Entertainment e outros o 24 de xuño de 2022, antes da estrea en Netflix.
Acollida No sitio web do agregador de críticas Rotten Tomatoes, o 100% das 23 críticas son positivas, cunha valoración media de 8,1/10. En Metacritic, o filme ten unha puntuación media ponderada de 81 sobre 100 baseada en 9 críticos, o que indica "aclamación universal".
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chris Williams Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego