Pedro Priegue Priegue, nado en Muros cara a 1868 e finado en Lapido (Ames) o 22 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Ex emigrante en América. Veciño do lugar de Riomao na parroquia de Torea. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto acusado de dispoñer de emblemas comunistas e de agachar na súa casa ao garda municipal republicano Manuel Lago Ramos "Outeiro". Estivo preso no depósito municipal de Muros ata que o 22 de agosto, co pretexto dun trasladado a prisión de Santiago de Compostela, foi asasinado na Estibada de Lapido Ortoño e abandonado á beira da cuneta."A morte do señor Pedro na costa de San Xusto", La Voz de Galicia, Barbanza, 25-11-2005, p. 10. Inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, foi identificado o 31 de xullo de 1939.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O verán de 1936 en Muros.

Ficha en memoria da Coruña

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos