María Barzola, finada o 21 de decembro de 1942, foi unha palliri boliviana. As palliris, principalmente mulleres, traballaban na busca de restos de mineral entre as rochas extraídas da mina. Como sindicalista estivo asociada a Oficios Varios de Catavi, daquela a única organización sindical legal.
Existe só un documento oficial da súa existencia, a lista de vítimas mortais no Masacre de Catavi do 21 de decembro de 1942. Ese día, un grupo de militares que controlaba a mina atacou con armas de fogo os campamentos mineiros.
As narracións descríbena como unha muller adulta "guapa, medio blancona y alta". Tempo despois unha cruz foi colocada no lugar do masacre.
Influencia cultural O decreto de nacionalización das minas foi asinado o 31 de outubro de 1952 polo presidente Víctor Paz Estenssoro. Conmemorouse a morte de Barzola e as vítimas do masacre de Catavi na agora chamada "pampa de María Barzola.
Un estadio situado en El Alto leva o seu nome, así como unha avenida da mesma cidade. Tamén, por causa da súa figura, se instituíu o día do mineiro en Bolivia.
Durante as décadas de 1950 e 1960 un comando feminino do Movemento Nacionalista Revolucionario tomou o nome de Las Barzolas. Este foi identificado tamén como un grupo de choque que exercía represión sobre movementos sociais. Ante isto, mulleres como Domitila Barrios cuestionaron dita denominación, que acabou por converterse en sinónimo de "infiltrada e vendida a intereses alleos aos movementos e reivindicacións sociais".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Declaración do Día do Traballador Mineiro de Bolivia (en español, na páxina do Senado de Bolivia)
Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Sindicalistas de Bolivia