Guanabara foi o nome que recibiu o municipio de Río de Xaneiro despois de que a capital federal fose trasladada a Brasilia en 1960. O nome deriva da baía de Guanabara, que bañaba a súa costa oriental, que á súa vez deriva dun termo indíxena en tupí-guaraní Guaná-pará, que significa «seo do mar».
Historia En 1834 a cidade de Río de Xaneiro converteuse nun municipio e na capital do imperio do Brasil. Despois da proclamación da república en 1889, a cidade de Río converteuse no Distrito Federal e a provincia de Río de Xaneiro converteuse nun estado con Niterói como capital.
Despois do traslado da capital federal a Brasilia en 1960, o municipio de Río de Xaneiro converteuse no Estado de Guanabara.
En 1975 os estados de Guanabara e Río de Xaneiro fusionáronse baixo o nome de Estado do Río de Xaneiro coa cidade de Río de Xaneiro como capital.
Gobernadores
1960 : José Sette Câmara Filho 1961 - 1965 : Carlos Lacerda 1965 - 1970 : Negrão de Lima 1970 - 1975 : Chagas Freitas
Notas
Véxase tamén
Baía de Guanabara Río de Xaneiro Estado de Río de Janeiro
Categoría:Estado do Río de Xaneiro