Jürg R. Conzett, nado en Zürich en 1947, é un banqueiro e numismático suízo, fundador e director do Museo do Diñeiro de Zürich.

Traxectoria É neto da sindicalista e activista polo voto feminino Verena Conzett-Knecht (1861-1947).

Formación Jürg Conzett estudou Historia e Psicoloxía na Universidade de Zürich, na que se doutorou en 1972. Posteriormewnte ingresou na Escola de Administración da Universidade Stanford, California, onde acadou o seu mestrado (MBA) en 1976."Jürg R. Conzett, Dr. phil., Founder and president". MoneyMuseum.com

Carreira profesional Entre 1976 e 1980 traballou como analista financeiro do City Bank en Nova York e en Tokyo, e de 1982 a 1986 formou parte da dirección da Dow Banking Corporation, de Zürich, ocupándose da política de xestión de investimentos deste banco. Posteriormente, no Banco Central de Zürich, filial da UBS, foi o director de análise financeira e de política de investimentos, entre 1986 e 1990. A partir deste último ano, Conzett pasou a traballar como independente na xestión de investimentos."Conzett, Jürg". En Coins Weekly. 7 de xaneiro de 2016.

Á parte do seu labor como financeiro, desde 1999 ocúpase tamén da editorial Conzett Verlag e da undación Sunflower, que alberga á súa vez o Museo do Diñeiro, constituído sobre a base da súa propia colección de moedas.

Recoñecementos

(2003): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos."Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Celdran, C. (2021). "Jürg Conzett: Money is always changing". En Coingeek.com "Conzett, Jürg". En Coins Weekly. 7 de xaneiro de 2016.

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Numismáticos de Suíza Categoría:Alumnos da Universidade de Zürich Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Galardoados co premio Otto Paul Wenger Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes