O Porin Ässät Naiset foi un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Pori, Finlandia. O equipo estivo activo en dóus períodos: dende 1982 ata 1995 xogando na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten SM-sarja; e dende 1998 ata 2003 xogando en categorías inferiores.

Ao longo da súa traxectoria o equipo non conseguiu ningún logro colectivo, se ben algunhas das súas xogadoras conseguiron logros nacionais durante a súa carreira no equipo de Pori.

Historia miniatura|Camisola de xogo do equipo feminino de Porin Ässät pertencente a Tiina Paasikunnas, 1980-87. O equipo xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten SM-sarja, dende a tempada inaugural en 1982 ata 1995, cando descendeu e cesou temporalmente a súa actividade.

As mulleres de Ässät retomaron a súa actividade na tempada 1998-99, cando disputaron a I divisioona. Na súa segunda tempada na segunda categoría o equipo tentou regresar á Naisten SM-sarja, mais finalizou na sexta posición dun total de oito equipos na liga de clasificación, na que todos os equipos da categoría superior mantiveron a súa praza. Logo das eliminatorias o equipo continuou a xogar tres tempadas máis, dúas delas na I divisioona e outra na II divisioona, mais sen conseguir ningún éxito salientable. Finalmente, en 2003 o equipo cesou definitivamente as súas operacións.

En 2022 a actividade do equipo limitábase ao traballo con nenas cun equipo, as Red Stars Tyttökiekko, e unha escola de patinaxe.

Xogadoras A mellor xogadora da historia do equipo foi a xogadora local Sari Fisk (de casada Marjamäki), quen foi a máxima puntuadora e goleadora de Ässät nas nove tempadas que vestiu a camisola vermella do equipo de Pori. Fisk xogou posteriormente en Ilves e Blues, e foi tamén internacional coa selección finlandesa. É ademais a única xogadora do equipo presente nos Suomen Jääkiekkoleijonat, o Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés.

Palmarés Trofeos individuais Trofeo Marianne Ihalainen: cada ano dende a tempada inaugural da Naisten SM-sarja, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo entrega este galardón á mellor puntuadora da liga regular. Recibe o seu nome en honor á membro do Salón da Fama do hóckey finlandés Marianne Ihalainen. Unha xogadora de Ässät recibiu este recoñecemento nunha ocasión: Anne Haanpää: 1983 Trofeo Tiia Reima: entregado dende a tempada inaugural pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo á máxima goleadora da liga. Dúas xogadoras do equipo gañaron o trofeo nalgunha ocasión: Anne Haanpää: 1983 Sari Fisk: 1993

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Porin Ässät

Ligazóns externas Sitio web dos equipos júnior de Ässät

Categoría:Porin Ässät Naiset