Heinz Fengler, nado en Oranienburg, Brandeburgo, o 31 de marzo de 1923 e finado en Berlín o 14 de marzo de 1999, foi un numismático alemán vinculado ao Gabinete Numismático de Berlín.

Traxectoria

Heinz Fengler foi un economista que chegou a ser o director administrativo dos Museos Estatais de Berlín Oriental. Kluge, B. (1999).

Ademais, dedicouse á numismática e neste ámbito presidiu o Comité Central de Numismática na Asociación Cultural da RDA.

En 1973, sucedeu a Arthur Suhle como director do Gabinete Numismático de Berlín. Detrás do seu nomeamento estaba a consideración político-museística dun maior control do Gabinete Numismático, ata daquela non controlado polo SED. No entanto, Fengler dirixiu o museo como unha institución científica relativamente libre. Foi responsable da colección de papel moeda no Gabinete Numismático e comezou a crear unha colección de accións e valores como un novo campo de coleccionismo.

Fengler xubilouse en 1988 e finou en Berlín en 1999.

Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Heinz Fengler ao longo da súa carreira:."Fengler, Heinz". WorldCat Identities.

(1953). Der Staatshaushalt der Deutschen Demokratischen Republik. Fragen der Planung, Durchführung und Kontrolle. Verlag Die Wirtschaft, Berlín. (1961). Die Ansammlung und Verwendung von Rücklagen in der Haushaltswirtschaft der Deutschen Demokratischen Republik. Hochschule für Ökonomie, Berlín. (1976). Transpress-Lexikon Numismatik (con G. Gierow e W. Unger). Transpress, Berlín. (1976). Die Entwicklung der deutschen Geldscheine. Staatliche Museen, Berlín. (1992). Geschichte der deutschen Notenbanken vor Einführung der Mark-Währung. Gietl, Regenstauf. ISBN 978-3-924861-05-6

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Kluge, B. (1999). "Heinz Fengler (1923-1999)". En Numismatisches Nachrichtenblatt, 48. Maio.Páxinas 214-215. Weisser, B. (2000) (ed.) Münzkabinett: Menschen, Münzen, Medaillen. Regenstauf. Páxinas 134-135. ISBN 978-3-86646-202-1

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Nados en Brandeburgo Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Persoas relacionadas co Gabinete Numismático de Berlín Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes