Xosé Antonio Porto, máis coñecido como Josito Porto, nado en Vilagarcía de Arousa o 16 de maio de 1967, é un actor e músico galego.

Ten participado en múltiples obras de teatro, series de televisión e programas como o Luar.

Traxectoria Interesouse dende novo polo teatro e a música, iniciándose na primeira metade da década de 1980 no grupo de teatro Clámide de Arealonga e na banda de gaitas Froalla. En 1988 formou xunto a varios amigos, entre eles Manuel Seixas, a banda de rock Korosi Dansas, de estilo experimental e reivindicativo. Con este grupo, no que cantaba e tocaba o baixo, editou dous discos e participou no Xabarín Club, aportando dous temas ("Os Ghalisáns" e "Xuntos e revoltos") ao compilatorio A cantar con Xabarín. Trala separación da banda en 1997, formou o grupo Magritte xunto a músicos ourensáns.

No ámbito teatral, participou en ducias de obras e dende os anos 90 traballou no Centro Dramático Galego, en Teatro de Adro e en Sarabela Teatro, poñéndose ás ordes de directores como Cándido Pazó, Quico Cadaval ou Lino Braxe.

Ten formación en varios cursos de música e arte dramática. Traballou no Centro Dramático Galego, en Teatro de Adro e en Sarabela Teatro. Polos seus traballos teatrais foi galardoado ata seis veces nos Premios María Casares e resultou finalista en varios máis.

O seu primeiro papel na televisión chegou na serie A familia Pita de 1997 e tras aparecer tamén en Mareas vivas deuse a coñecer ao gran público co seu papel de Tuto na serie de éxito da Televisión de Galicia Pratos combinados, papel que interpretou entre os anos 2000 e 2006.

Obra

Teatro

Directamente Paco (1991). Arre Producións Xogos á hora da sesta (1992). Teatro do Malbarate. Dir.: Cándido Pazó Directamente Paco II. O Retorno (1993). Arre Producións. Dir.: Quico Cadaval Petición de man (1994). Teatro de Adro. Dir.: María Armesto Nin me abandonarás nunca (1995). CDG. Dir.: M. Guede Viaxe e fin de Don Frontán (1995). CDG. Dir.: Antonio Simón Teatro Radiofónico (1995). Para a Radio Galega. Dir.: Lino Braxe Mourenza (1996). Librescena. Dir.: X. M. Rabón Nano (1997). Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó O barbeiro de Sevilla (1997). Librescena. Dir.: X. M. Rabón Unha rosa é unha rosa. Unha comedia de medo (1997). Teatro do Noroeste. Dir.: Eduardo Alonso Círculo (1999). Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó Bululú do linier (1999). Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó Se o vello Sinbad volvese ás illas (1999). CDG. Dir.: Fabio Mangolini O lapis do carpinteiro (2000). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña Sexismunda (2001). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña Binomio de Newton (2002).Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó A Conxura dos necios. (2002). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña Así que pasen cinco anos (2003). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña Rolda de caricias (2004). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña García  (2005). Teatro de Adro. Dir.: Cándido Pazó O Heroe (2005). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña Macbeth (2006). Sarabela Teatro. Dir.: Helena Pimenta Carambola (2006). Lagarta Lagarta. Dir.: Lino Braxe Comida Chinesa (2007). Teatro de Adro. Dir.: Lino Braxe Margar no pazo do tempo (2007). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña Dame veleno (eu tamén soñar) (2008). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña A velada (2008). Teatro Proscrito. Dir.: Lino Braxe A esmorga (2009). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña O Incerto Señor Don Hamlet (2010). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña Ai Carmela! (2010). Teatro de Adro. Dir.: Tito R. Asorey Teatro Radiofónico do Diario cultural (2010). Para a Radio Galega. Dir.: Ánxeles Cuña. Xeneración Nós (2011). Escénate. Dir.: Ana Carril O Florido Pénsil (2011) Eme2/Tanttaka Teatroa. Dir.: Fernando Bernués e Mireia Gabilondo A Viaxe a Ningunha Parte (2012). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña Laretadas (2012). Monólogo. As Mil Vidas de Matías Houseman (2013). Teatro de Adro. Dir.: Jose Prieto. Ensaio sobre a cegueira (2015). Sarabela Teatro. Dir. Ánxeles Cuña Cartoons (2021). Con Víctor Mosqueira. Excéntricas e Teatro de Adro Smoke on the water (2022). Ibuprofeno Teatro Made in Galiza, de Séchu Sende (2023). Sarabela Teatro, dirixida por Fina Calleja, coa dramaturxia de Fernando Dacosta e interpretada polo propio Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto.

Filmografía

Xabarín Club (1994) Pratos combinados (1995). Serie da TVG. Como Tuto. A repesca (1995). Curta de Sandra Sánchez. A repanocha (2) (1996). Programa de humor da TVG. Sitcom show (1996). Curta de Ángel de la Cruz. Con perdón (1997). Serie da TVG. A familia Pita (1997). Serie da TVG. A los que aman (1997). Longametraxe de I. Coixet Mareas vivas (1998). Serie da TVG. Aínda máis difícil (1998). Curta de Ángel de la Cruz. Galicia Exprés (2000). Serie de TV de Beatriz del Monte e Antón Reixa. TVG. Disonancias (2000). Curta de Ignacio Vilar. Hospital Central (2000-2012). Serie TV. Como Ramiro. Blanca Madison (2000). Longametraxe de Carlos Amil. Lena (2000). Longametraxe de Gonzalo Tapia. Abogados (2001). Tele 5 O lapis do carpinteiro (2002). Longametraxe de Antón Reixa. Ilegal (2002). Longametraxe de Ignacio Vilar. Cuéntame como pasó (2003). Serie TVE. Obsesión (2005). Serie de TV. El comisario (2006). Serie TV Efectos secundarios (2007). Serie TV de Xosé Cermeño e Alex Sampaio. Como Marcelo. Reflexos (2008). Curtametraxe de Carlos E. Rodríguez Román. Libro de familia (2009). Serie de TV. Matalobos (2009). Serie de TV. Piratas (2011). Serie TV de Jorge Coira e Jorge Saavedra Mancebo. Escoba! (2011). Serie TV. Como Luís. Tourilandia (2012). De Xosé Antonio Touriñán. TV. Fontealba (2016). Serie de TV. Casa Manola (2017). Serie TV. Como Boisaca. Viradeira (2017). Serie TV. Como Muxo. Contou Rosalía (2018). TV movie de Raúl Veiga. Matadero (2019). Serie TV. Lobos e cordeiros (2019). Serie TV. Como Pucho. Vivir sin permiso (2020). Serie TV. Señoras del (h)AMPA (2020). Serie TV.

Música

Korosi Dansas: grupo de 'rock de batea' Magritte: banda pop-vrinciana con sons electrónicos Factoría de Subsitencia: cantautor

Premios

1998: Premio María Casares de teatro ao mellor actor protagonista pola obra Nano. 2002: Premio María Casares ao mellor actor secundario por Sexismunda. 2013: Premio María Casares de teatro ao mellor actor protagonista pola obra As Mil Vidas de Matías Houseman.

Notas

Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1967 Categoría:Actores de Vilagarcía de Arousa Categoría:Músicos de Galicia