Franjo Tuđman , nado o 14 de maio de 1922 e finado o 10 de decembro de 1999 foi un historiador, escritor e político croata. Foi o primeiro presidente de Croacia tras a independencia do país desde 1990 até 1999, ano da súa morte. O presidente serbio Slobodan Milošević e Franjo Tudjman de Croacia foron os principais artífices da ruptura de Iugoslavia.Encyclopédie Universalis 2008, artigo Franjo Tudjman Biografía

Na República Federal Socialista de Iugoslavia Con 19 anos ingresou na guerrilla antifascista de Josip Broz Tito; despois da guerra foi o xeneral máis novo do Exército Popular de Iugoslavia con só 23 anos.

Defendeu posicións ultranacionalistas croatas tras a morte de Tito (1980).

Década de 1990 Nos anos 90 dirixiu un partido chamado Hrvatska Demokratska Zajednica - HDZ (Unión Democrática Croata) - que á súa vez foi a punta do movemento independentista de Croacia a finais do século XX. O HDZ conseguiu reunir á maioría do pobo croata de Croacia e Bosnia e Hercegovina, nas primeiras eleccións após a caída do comunismo na República Federal Socialista de Iugoslavia. O seu obxectivo cristaliza o 30 de maio de 1990 mediante un referendo nacional para a independencia de Croacia.

Antes de reaparecer na escena política da antiga Iugoslavia como líder do HDZ, foi un disidente político polas súas ideas nacionalistas. esquerda|miniatura|229x229px| Tumba de Tudjman, outubro de 2005 Coas súas posicións separatistas chegou á presidencia de Croacia e levou á independencia a ese país. Detivo o Exército Iugoslavo (JNA) en Croacia, aínda que era superior en armas, coa combinación de armisticio e defensa do territorio do país. Despois de que as forzas internacionais da UNPROFOR interviñesen finalmente entre o autoproclamado estado serbio en Croacia e as forzas croatas, Franjo Tudjman decidiu organizar e armar o Exército Croata (HV), preparándose para as operacións Tempestade de Bljesak e Oluja de 1995, coas que recuperou a integridade territorial do país.

En 1996 pediu facer "un monumento de reconciación como o Valle de los Caídos" para o caudillo nacionalcatólico croata Ante Pavelić enterrado en Madrid.

Crimes de guerra

Foi investigado por crimes de lesa humanidade polo Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia acusado de limpeza étnica contra a poboación serbia de Krajina.

Segundo o historiador belga Michel Collon, Tudjman era "un racista que estendeu activamente o odio étnico e predicou a fragmentación de Iugoslavia". nodo50 «Las mentiras de la guerra de Yugoslavia » Consultado em 5 de agosto de 2010 Os seus detractores, como o seu sucesor do presidente croata Stjepan Mesić, acusárono de non comprender a situación en Bosnia e Hercegovina e a situación nacional dos musulmáns bosníacos. Parece que Tudjman contou a este grupo como parte integrante do pobo croata, considerándoos "croatas da relixión islámica", como ocorreu durante o goberno de Bosnia polos ustashas durante a segunda guerra mundial. Estes e outros erros de cálculo pola súa banda provocaron unha guerra entre os croatas bosníacos dirixidos desde Zagreb (os croatas de Bosnia e Hercegovina) e os bosníacos durante a guerra de Bosnia. Os bosníacos musulmáns non querían que ningunha parte de Bosnia e Hercegovina fose separada e anexionada a Croacia. Outros acúsano de ter negociado directamente con Slobodan Milošević, a través do Acordo de Karadjordjevo, a división de Bosnia e Hercegovina entre Croacia e Serbia, en base a algúns documentos visuais. El Mundo. El triunfo del Estado-nación.

Morreu de cancro en 1999.

Polas súas contribucións á independencia de Croacia foi chamado "pai de Croacia". Coa súa morte producíronse posicións máis moderadas, beneficiosas para a integración étnica e celebradas polo resto dos estados balcánicos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Guerra de Independencia de Croacia Slobodan Miloševic Alija Izetbegovic Ante Pavelić Maks Luburić

Ligazóns externas Sitio web tributo a Franjo Tuđman (en croata) Entrada de Franjo Tuđman en Britannica

Categoría:Finados en 1999 Categoría:Políticos de Croacia Categoría:Presidentes de Croacia Categoría:Nados en 1922