A Unió Esportiva Mataró, coñecido por motivos de patrocinio UE Mataró Germans Homs, é un equipo de baloncesto español con sede en Mataró, Cataluña. Actualmente compite no grupo C-1 da Liga EBA. A súa época máis destacada foron as décadas de 1960 e 1970, cando o club competiu durante doce temporadas na 1ª División.
Historia A Unió Esportiva Mataró ten a súa orixe no ano 1930 cando se crea a sección de baloncesto do Iluro SC e da Agrupación Deportiva Mataró. Despois da Guerra Civil, o Iluro SC convértese no Club Deportivo Mataró, equipo que chega á 1ª División española na temporada 1963−64 con Antoni Serra de adestrador. Na máxima categoría permanece durante doce anos, incluíndo dous descensos e ascensos no camiño. Porén, o club sufriu numerosos problemas económicos que o alonxaron da elite definitivamente. A partir de 1991 o equipo de baloncesto adopta o nome de Club Bàsquet Mataró e, desde o 2011, Unión Deportiva Mataró.
Patrocinios Por motivos de patrocinio, o Mataró tivo os seguintes nomes ao longo da súa historia na 1ª División: Molfort's Mataró (1965−1970) Ignis Mataró (1970−1975)
Historial AnoNivelLigaCopaCompeticións europeas1962–63 22ª División 1963–64 11ª División 5–71964–65 11ª División 5º 5–91965–66 11ª División 3º 11–7Cuartos de final1966–67 11ª División 6º 9–11Cuartos de final1967–68 11ª División 7º 9−11Cuartos de final1968–69 11ª División 8º 8–1−13Cuartos de final1969–70 11ª División 8º 9–13Cuartos de final1970–71 11ª División 11º 5–1–16 1971–72 22ª División 2º 17−1–4 1972–73 11ª División 9º 12–1–17Oitavos de final1973–74 11ª División 13º 8–20Cuartos de final1974–75 11ª División 12º 7–15 1975–76 22ª División 8º 13−11 1976–77 22ª División 1º 20–8 1977–78 11ª División 11º 6−1–15
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da UE Mataró
Mataro UE Categoría:Mataró