Marcus Taylor Paige, nado o 11 de setembro de 1993 en Altamonte Springs, Iowa, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria O 23 de xuño de 2016, Paige foi elixido na 55ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Brooklyn Nets, e o día seguinte foi traspasado ós Utah Jazz. Asinou cos Jazz o 22 de agosto de 2016, pero foi cortado o 13 de outubro.

O 1 de agosto de 2017, Paige asinou cos Charlotte Hornets, nun acordo para compartir o tempo de xogo entre os Hornets e o seu afiliado na NBA G League, os Greensboro Swarm.

O 11 de xullo de 2018, Paige asinou co KK Partizan serbio un contrato de dous anos. O 9 de maio de 2020, Paige e o Partizan acordaron un novo contrato de dous anos.

O 16 de setembro de 2021, Paige asinou co Orléans Loiret Basket da LNB Pro A francesa.

O 17 de xullo de 2022, anunciouse a fichaxe de Paige por unha tempada co Obradoiro CAB da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Cedar Rapids Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do Orléans Loiret Basket Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB