June of 44 é unha banda estadounidense de post-hardcore formada en 1994 por exmembros de Rodan, Lungfish, Rex, e Hoover. O nome do grupo foi referencia ao período durante o cal os escritores Henry Miller e Anaïs Nin mantiveron correspondencia.

A banda xirou extensamente, chegando incluso a tocar en Australia. Foi un colectivo de 1994 a 2000, e reuniuse en 2018. O seu estilo ten unha base post-hardcore e math rock, aínda que os seus últimos traballos adentráronse no jazz experimental, ambient dub e post-punk angular.

O seu álbum de estrea, Engine Takes to the Water (1995), foi comparado tanto con Slint como con Will Oldham. Con Tropics and Meridians (1996) comparouse ao grupo con Tortoise e The For Carnation. O batería Doug Scharin iniciou HiM como proxecto paralelo, contando ás veces co baixista Fred Erskine, e Scharin tamén comezou despois a banda de vangarda Out in Worship. Meadows tamén ten un proxecto paralelo, formando Sonora Pine con Tara Jane O'Neill. June of 44 publicou tres álbums máis, incorporando máis influencias da electrónica e do jazz, antes de separarse en 1999, co vocalista e guitarrista Jeff Mueller formando Shipping News e o vocalista Sean Meadows formando Everlasting the Way e despois Letter E. Erskine uniuse a Abilene, mentres que Scharin continuou con HiM e traballou como invitado con varios outros grupos. A banda reuniuse en 2018 e lanzou un novo álbum titulado Revisionist: Adaptations & Future Histories in the Time of Love and Survival en 2020.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloEngine Takes to the Water1995Quarterstick RecordsTropics and Meridians1996Quarterstick RecordsFour Great Points1998Quarterstick RecordsAnahata1999Quarterstick RecordsRevisionist: Adaptations & Future Histories in the Time of Love and Survival2020Broken Clover Records

EPs

Álbum Ano Selo The Anatomy of Sharks 1997 Quarterstick Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Kentucky Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais formados en 1994