Patricio "Pato" Garino Gullotta, nado o 17 de maio de 1993 en Mar del Plata, é un xogador arxentino de baloncesto profesional que xoga no Baloncesto Fuenlabrada da Liga LEB Ouro.
Traxectoria Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2016, Garino uniuse ós Orlando Magic para a Liga de Verán da NBA de 2016. O 29 de xullo de 2016, Garino asinou cos San Antonio Spurs, pero foi cortado o 22 de outubro tras participar en catro encontros de pretempada. Sete días máis tarde, Garino asinou cos Austin Spurs, afiliado de San Antonio na NBA D-League. O 3 de abril de 2017, Garino asinou cos Orlando Magic. Fixo o seu debut na NBA o día seguinte, na derrota dos Magic por 122–102 contra os Cleveland Cavaliers. O 1 de agosto de 2017, foi cortado polos Magic. O 1 de setembro de 2017, Garino asinou un contrato por tres tempadas co Saski Baskonia da Liga ACB.
O 22 de xullo de 2020, Garino asinou co BC Žalgiris Kaunas lituano. O 7 de xullo de 2021, Garino e o Žalgiris separaron os seus camiños. O 18 de agosto de 2021, Garino asinou co Nanterre 92 da LNB Pro A. O 27 de xaneiro de 2022, Garino deixou o conxunto francés. O 16 de xullo de 2022, Garino asinou por unha tempada co Bàsquet Girona da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Mar del Plata Categoría:Xogadores de baloncesto da Arxentina Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas Categoría:Xogadores do JSF Nanterre Categoría:Xogadores do Bàsquet Girona Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada