Vjekoslav Luburić, nado en Humac, preto de Ljubuški, o 20 de xuño de 1913 e finado en Carcaixent, Valencia, o 20 de abril de 1969, foi un militar croata destacado na Segunda guerra mundial, tamén coñecido como Maks Luburić ou Maks o carniceiro.

Foi membro do movemento Ustaša e dirixiu o campo de concentración de Jasenovac, considerado un dos campos de exterminio máis crueis de todos os tempos.Clarín «Desapareció el croata nazi que dirigió un campo de exterminio. » Consultado el 21 de febrero de 2011 Trala fin da guerra e a súa saída de Croacia, durante o seu exilio na España franquista recibiu o falso nome de Vicente Pérez García.

Traxectoria

Primeiros anos Durante a súa mocidade só asistiu á escola primaria. En 1931 uniuse ao movemento ustashi, participando en diversas accións contra o estado iugoslavo. Por iso, tivo que emigrar a Hungría en 1932 e instalouse no campo de Jankapuszta preto de Budapest, onde chegou a ser xefe do comisario do campo. En abril de 1941, após a invasión alemá de Iugoslavia, regresou á Croacia controlada polos nazis.

Segunda guerra mundial Durante a formación do Estado Independente de Croacia (NDH), ao comezo da segunda guerra mundial, foi ascendido a xeneral e foi posto á fronte da rexión de Drina, o que lle valeu o alcume de Xeneral Drinjanin (Xeneral da Drina). Desde o establecemento dos campos de exterminio polo estado pronazi croata, foi nomeado o seu comandante principal e, nunha cerimonia celebrada o 9 de outubro de 1942, felicitouse da gran "eficacia" do centro de asasinatos de Jasenovac . Durante o banquete que seguiu, afirmou con orgullo: "Matamos máis persoas aquí en Jasenovac que o Imperio Otomán durante a súa longa estancia en Europa". Guldescu, Stanko; Prcela, John (1970): Operation Slaughterhouse, pág 71. Dorracne and company.

Luburić adestrouse en Auschwitz e visitou outros campos de concentración alemáns para aprender métodos de exterminio e aplicalos en Jasenovac. Non obstante, o modelo sobre o que construíu Jasenovac foi o campo de concentración de Sachsenhausen. Considérase que entre 100.000 e 600.000 persoas morreron en Jasenovac. El Economista «Shimon Peres visita el campo de Jasenovac, el "Auschwitz croata" » Consultado el 12 de mayo de 2012 Algúns observadores nazis cualificárono, en diversos informes oficiais, de "sádico extremo" e "enfermo mental".The state comission of Croatia for the Investigation of the Crimes of the Occupation Forces and Their Collaborators, Zagreb, 1946

Ao final da guerra, coa derrota do Estado Independente de Croacia, Luburić liderou brevemente unha formación paramilitar chamada Os Cruzados (Križari). Non obstante, non conseguiu o seu obxectivo de restablecer o réxime pronazi croata contra a Iugoslavia de Tito. miniatura|250x250px| Maks Luburić xunto a un oficial alemán das SS, no campo de concentración de Stara Gradiška .

Exilio español Ao final da guerra, pasou ilegalmente a Hungría, despois a Austria e Francia e posteriormente instalouse en España, onde viviu no concello de Benigánim (Valencia) protexido polo franquismo, que lle deu un nome falso: Vicente Pérez García. Casou cunha española, coa que tivo catro fillos, e pese a estar prohibido o divorcio na ditadura franquista, separouse dela en 1957. Participou en actividades das organizacións de emigrantes croatas en España, Suecia, Alemaña Occidental e o Canadá. Alonxado do movemento Ustasha na segunda metade da década de 1950, fundou a Irmandade dos Amigos da Drina, e máis tarde unha organización chamada Resistencia Nacional Croata. En España dirixiu unha imprenta encargada de difundir a propaganda destes movementos, co apoio do franquismo.

Asasinato Foi asasinado na súa casa de Carcaixent o 20 de abril de 1969 por Ilija StanicLa Vanguardia Española, 29 de abril de 1969, un presunto axente dos servizos secretos iugoslavos (UDBA) que fora encuberto como empregado da súa imprenta. Stanic nunca foi arrestado e chegou á Iugoslavia de Tito, onde foi recibido como un heroe nacional.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Campo de exterminio de Jasenovac Informe Semanal (TVE): El asesinato de Vicente Pérez

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Holocausto Categoría:Xenocidio Categoría:Croacia Categoría:Nacionalismo croata