Samuel M. Raimi, nado en Royal Oak (Míchigan) o 23 de outubro de 1959, é un director, produtor e guionista estadounidense. Raimi é recoñecido polo seu traballo na dirección na triloxía sobre a personaxe de Spider-Man, estreada durante a década de 2000, ademais de polo seu labor como director de filmes de terror de baixo orzamento como a triloxía de The Evil Dead, que foi un dos seus primeiros proxectos.

Tamén participou en filmes realizados por colegas seus, como os irmáns Coen, para os que tamén foi axudante de dirección. Na década de 1990 tamén traballou para a televisión, como produtor de series como Hercules: The Legendary Journeys e Xena: Warrior Princess.

Traxectoria Primeiros anos Raimi naceu no seu dunha familia de emigrantes xudeus de Rusia, por liña paterna, e de Hungría, pola materna. Foi educado no xudaísmo conservador. Raimi ten un irmán máis vello, o guionista Ivan Raimi, e un máis novo, o actor Ted Raimi. A súa irmá máis vella Andrea Raimi Rubin, é reporteira de tribunais. Outro irmán máis vello, Sander, faleceu afogado con quince anos; Raimi dixo que o trauma uniu fortemente o resto da familia. Raimi tamén mencionou que Sander foi que lle amosou a Spider-Man, iniciando o seu amor polas bandas deseñadas.

Sam Raimi comezou a afeccionarse á realización aos 13 anos, grazas a unha primitiva cámara de vídeo que tiña un amigo seu. Ata a edición de The Evil Dead, gravara uns trinta filmes de prácticas. O máis coñecido entre os seus amigos foi The Happy Valley Kid: The Story of a Sudden Driven Mad, a historia dun universitario que é humillado polos seus compañeiros e abandonado pola súa moza ata que tolea e acaba con todos eles.

Carreira En 1978, rodou unha curtametraxe de 32 minutos titulada Within the Woods que foi protagonizada polos seus amigos da Universidade de Míchigan Bruce Campbell e Ellen Sandweiss. Está considerada unha precuela de The Evil Dead. Un sólido apoio por parte da crítica e o permiso de varios exhibidores para amosar a curta axudaron a consolidar a validez do proxecto. Como resultado, Raimi comezou a traballar na longametraxe.

En 1981 escribiu e dirixiu unha das obras máis innovadoras da serie B, The Evil Dead, unha acertada combinación de humor negro, terror sobrenatural e cinema gore. Igual que Within the Woods, foi protagonizada por Bruce Campbell e Ellen Sandweiss e participaron tamén Richard DeManincor, Betsy Baker e Theresa Tilly. Nela, Raimi creou a icónica personaxe da saga Ash Williams, personificada por Bruce Campbell.

Tralo fracaso do seu filme Crimewave, Raimi rodou a secuela Evil Dead II (1987). Os primeiros minutos do filme volven contar a historia da primeira parte cambiando algúns elementos. O plan de Raimi era utilizar escenas de The Evil Dead, mais debido a problemas coas distribuidoras tivo que rodar de novo as escenas. A secuela contou cun orzamento de 3,6 millóns de dólares, case dez veces maior ca o de The Evil Dead.

Unha terceira parte da saga, titulada Army of Darkness, foi estreada en 1992. A historia está ambientada no ano 1300, época á que foi transportado Ash tras ser atrapado por un portal creado ao final de Evil Dead II. A diferenza das dúas primeiras partes, esta caracterizouse por ser máis cómica que terrorífica. O proxecto tivo un orzamento estimado de 13 millóns de dólares.

Ao longo da súa traxectoria como realizador, Raimi creou unha gran variedade de filmes que van desde a comedia de slapstick ata o terror máis gore. Entre elas esta a saga de éxito Spider-Man, protagonizada polo actor Tobey Maguire, que contou con cameos de Bruce Campbell e do creador do superheroe Stan Lee, con quen Raimi trabou unha grande amizade. Ademais, Raimi é un activo produtor.

Vida persoal Raimi casou en 1993 con Gillian Greene, filla do actor Lorne Greene. Teñen cinco fillos, dos cales tres (Emma Rose, Lorne e Henry) apareceron como extras en Drag Me to Hell e na batalla final do filme Spider-Man 3.

Filmografía Ano Título Director Guionista Produtor Notas 1977 It's Murder! Filme afeccionadoTamén montador e mesturador de son sen acreditar 1981 The Evil Dead 1985 Crimewave Coescrito cos irmáns Coen 1987 Evil Dead II Coescrito con Scott Spiegel 1989 Easy Wheels Coescrito con Ivan Raimi e David O'Malley (acreditado como "Celia Abrams") 1990 Darkman Coescrito con Chuck Pfarrer, Ivan Raimi, Daniel Goldin e Joshua Goldin1992 The Nutt House Argumento co escrito con Scott Spiegel e Ivan RaimiGuión coescrito con Bruce Campbell e Ivan Raimi (acreditado como "Alan Smithee Jr.") Army of Darkness Coescrito con Ivan RaimiTamén montador (acreditado como "R.O.C. Sandstorm") 1994 The Hudsucker Proxy Coescrito cos irmáns CoenTamén director da segunda unidade 1995 The Quick and the Dead 1998 A Simple Plan 1999 For Love of the Game 2000 The Gift 2002 Spider-Man 2004 Spider-Man 2 2005Man with the Screaming Brain Argumento coescrito con Bruce Campbell e David Goodman (acreditado como "R.O.C. Sandstorm") 2007 Spider-Man 3 Coescrito con Ivan Raimi e Alvin Sargent 2009 Drag Me to Hell Coescrito con Ivan Raimi 2013 Oz: The Great and Powerful 2022 Doctor Strange in the Multiverse of Madness

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados no condado de Oakland, Míchigan Categoría:Nados en 1959 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia rusa Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeohúngara