O Club Baloncesto Aismalíbar foi un equipo profesional español con sede na cidade de Montcada i Reixac, Cataluña. En 1957 foi un dos membros fundadores da Primeira División, competición na que participa durante as súas primeiras oito edicións. Foi tamén catro veces subcampión de Copa (1956, 1957, 1959 e 1964). O equipo desaparece en 1964 por problemas económicos. O club recibía o nome por Aismalíbar, unha empresa de caucho e plásticos local propietaria do club.
Historia As orixes do club remóntanse ao ano 1947 cando a empresa Aismalíbar crea un club social para os seus traballadores. Os empregados crearon un equipo de baloncesto que se inscribiu na Liga Obra Sindical de Educación e Descanso. Tras varios éxitos nesa competición, a empresa inscribiu a outro equipo na Federación Catalá de Baloncesto co nome de Club Baloncesto Aismalíbar. Este quedou campión de Segunda e de Primeira Rexional catalá sucesivamente. A empresa fixo entón un forte investimento económico para facer un equipo competitivo na década de 1950.
Contratou como xogador-adestrador a Eduardo Kucharski, e a xogadores da categoría de Emiliano Rodríguez, que posteriormente faría historia no Real Madrid, Nino Buscató e Francisco Borrell, un pivote de 2 metros de altura. En 1957 converteuse nun dos seis equipos fundadores da Liga Nacional. En canto á competición de copa, +o equipo conseguiu ser catro veces subcampión da Copa do Xeneralísimo (1956, 1957, 1959 e 1964). O declive do club iniciouse cando o equipo tivo que disputar os seus partidos en Barcelona e non na súa pista de Montcada i Reixac, debido a que a nova normativa obrigaba a disputar os partidos en pavillóns cubertos e a empresa Aismalíbar non puido afrontar os gastos que supuña cubrir a pista do seu club social.
Xogadores Destacados
Agustín Bertomeu Francisco Borrell Francesc Buscató Joan Ferrando Miguel González Jorge Guillén Eduardo Kucharski Alfonso Martínez Santiago Navarro Joan Riera Emiliano Rodríguez Javier Sanjuán
Historial AnoNivelLigaCopa1956–57 11ª División 4º 5−5 Subcampións1957–58 11ª División 3º 13−5 Semifinais1958–59 11ª División 5º 13−9 Subcampións1959–60 11ª División 4º 14−1−7 Cuartos de final1960–61 11ª División 5º 12−2−8 Semifinais1961–62 11ª División 7º 9−9 Semifinais1962–63 11ª División 6−4 Semifinais1963–64 11ª División 4º 15−7 Subcampións
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do Aismalíbar en Proballers
Aismalibar CB Categoría:Montcada i Reixac