A Universidade de Nantes é unha universidade pública situada na cidade de Nantes, na Bretaña /Países do Loira, Francia. Forma parte do Grupo Compostela de Universidades.
Historia Foi fundada o 4 de abril de 1460, cando Francisco II da Bretaña suxeriu a creación da Universidade da Bretaña, pero foi reestruturada en 1961 de acordo coa nova lei de Educación.
Estrutura
Materias Os cursos impártense nas seguintes áreas: Dereito, Economía, Artes, Idiomas, Ciencia, Tecnoloxía, Saúde e Ciencias Sociais.
Campus Ademais dos diversos campus espallados pola cidade de Nantes, hai dous campus (campi) satélites situados en Saint-Nazaire e La Roche-sur-Yon.
Alumnado A universidade conta actualmente con máis de 35.000 estudantes e máis dun 10% son estudantes internacionais de 110 países diferentes. Na universidade de Nantes estudaron alumnos célebres como a aviadora Jacqueline Auriol, os escritores Jean Rouaud ou François Bégaudeau, os políticos Jean-Marc Ayrault ou Tertius Zongo (Primeiro ministro de Burkina Faso) e deportistas como Julien Bontemps ou Marina Jaunatre.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Nantes Université (univ-nantes.fr)Páxina oficial
Categoría:Grupo Compostela de Universidades