Hodge Mehdi Malek, nado en Londres o 11 de xullo de 1959, é un xurista e numismático británico."Malek, Hodge Mehdi". Who'sWho 2022."Hodge Mehdi Malek". Prabook.com
Traxectoria Hodge Malek cursou estudos de Dereito, dos que se diplomou na Universidade Sorbona de París en 1978. En 1981 acadou o mestrado en Xurisprudencia na Universidade de Oxford e un ano máis tarde o trítulo de Bachelor en Dereito Civil na mesma universidade.
É avogado desde 1983 e membro do Colexio de Avogados das Illas Virxes Britránicas. A súa experiencia como avogado céntrase no dereito comercial internacional."Hodge Malek QC". Three Verulam Buildings Barristers.
Paralelamente ao seu labor como xurista, Malek é un estudoso da numismática do mundo islámico, e centra as súas investigacións e as súas publicacións na economía monetaria e na moeda dos Abásidas e dos árabe-sasánidas."Hodge Malek". Hodghemalek.academia.edu
Vida persoal En 1986 Malek casou con Inez Dies Vegelin Van Claebergen, con quen tivo tres fillos. Divorciáronse en 2010.
Recoñecementos
(1997): Premio Samir Shamma, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Hodge Malek en materia numismática."Malek, Hodge Mehdi ". Digital Library Numis."Malek, Hodge M.". WorldCat Identities."Hodge Malek". Academia.edu
(2004). The Dābūyid Ispahbads and early 'Abbāsid governors of Tabaristān : history and numismatics. Special Publications. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 9780901405838 (2019). Arab-Sasanian Numismatics and History during the Early Islamic Period in Iran and Iraq. 2 vols. Special Publications. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 978-0-90140-594-4Kampmann, U. (2019). "Arab-Sasanian Coins: The New Standard Reference". En Coins Weekly. 13 de febreiro de 2020."Arab
Notas
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados na rexión de Detmold Categoría:Avogados do Reino Unido Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados co premio Samir Shamma Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Personalidades da Universidade de París-Sorbona Categoría:Personalidades sen imaxes