Keep Sweet: Pray and Obey é unha miniserie documental estadounidense de Netflix. Conta a historia da polígama Igrexa Fundamentalista de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, unha derivación do Mormonismo, e do seu líder Warren S. Jeffs. A serie estreouse o 8 de xuño de 2022 a través de Netflix. Foi dirixida por Rachel Dretzin, que comezou a entrevistar sobreviventes en Short Creek, Utah, a sede desta Igrexa fundamentalista.
Até o 19 de xuño de 2022 a docuserie foi vista durante 58,78 millóns de horas en Netflix globamente.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América