Rosario de Velasco Belausteguigoitia, nada en Madrid o 20 de maio de 1904 e finada en Barcelona o 2 de marzo de 1991, foi unha pintora figurativa española integrante da Sociedade de Artistas Ibéricos e próxima á Nova obxectividade alemá.

Traxectoria Foi filla de Antonio de Velasco, oficial de cabalaría, e de Rosario Belausteguigoitia, unha muller vasca descendente de carlistas e de fortes conviccións relixiosas. Rosario de Velasco manifestouse ideoloxicamente próxima á Sección Feminina de Falanxe Española nos inicios desta.

Estudou con Fernando Álvarez de Sotomayor, retratista adscrito ao Rexionalismo galego. Este foi director do Museo do Prado de 1922 a 1931 e de 1939 a 1960, e introduciuna no estudo de Tiziano e mais de Velázquez. En 1924 concorreu por primeira vez á Exposición Nacional de Belas Artes con dous óleos, Vieja segoviana e El chico del cacharro. En 1931 estivo presente no primeiro Salón español de Dibujantas, en que destacou entre as representadas como digna de mención e estima segundo o crítico Manuel Abril.Alcaide, José Luis, «Un lienzo de Rosario de Velasco en el Museo de Bellas Artes de Valencia», Ars Longa, 6 (1995), pp. 49-56, p. 49.

En 1932 obtivo a segunda medalla de pintura na Exposición Nacional de Belas Artes co óleo Adán e Eva (Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía). Tratábase dunha obra representativa do retorno ao clasicismo ou «retorno á orde», experimentado polas vangardas europeas no período de entreguerras. Ese mesmo ano concorreu con esa obra ás exposicións organizadas pola Sociedade de Artistas Ibéricos en Copenhague e Berlín.

Con El baño, presentado en 1931 no Salón de otoño, participou en 1935 na exposición que a Librería Internacional de Zaragoza dedicou exclusivamente a novas artistas e escritoras mozas. No evento colaboraron tamén Carmen Conde, Norah Borges, Menchu Gal e Josefina da Torre, entre outras. En 1936 presentou á frustrada Exposición Nacional dese ano Los inocentes ou La matanza de los inocentes (Museo de Belas Artes de Valencia), dun realismo cualificado de intimista.Alcaide, «Un lienzo de Rosario de Velasco en el Museo de Bellas Artes de Valencia», p. 52. En 1934 expuxo no Carnegie Institute de Pittsburgh (Estados Unidos) e en 1936 na Exposición de Arte Española que tivo lugar no Musée des Écoles Étrangères Contemporaines de París.

Na casa do editor Gustavo Gili coñeceu a quen sería o seu marido, o médico Xavier Farrerons Co, con quen contraeu matrimonio na súa casa de Barcelona en 1937. O matrimonio fuxiu a continuación a Francia, cruzando a fronteira a pé para pasaren á zona sublevada. Alí naceu a súa única filla, María del Mar, e colaborou cos seus debuxos coa revista Vértice.

Acabada a Guerra civil española, a familia estabeleceuse definitivamente en Barcelona. Iniciaron unha etapa de intensa actividade pictórica, malia manterse sempre afastada das correntes artísticas e rodeada de amigos como Dionisio Ridruejo, Pere Pruna, Carmen Conde ou Eugeni d'Ors.

En 1944 foi seleccionada para o Segundo Salón de los Once, mostra organizada pola Academia Breve de Crítica de Arte impulsada por D´Ors para dar a coñecer a arte da primeira posguerra.

Na ilustración de libros, amais da citada colaboración coa revista Vértice, ilustrou Cuentos para soñar (1928) e La bella del mal amor (1930) de María Teresa León, e Princesas del martirio de Concha Espina (1940). Fixo, amais, algunha incursión na pintura mural en 1942, murais desaparecidos da capela da Residencia de Señoritas (rebautizada como Residencia de Señoritas "Teresa de Cepeda").

En 1968 obtivo o Premio Sant Jordi compartido con Ignasi Mundó por La casa roja, obra característica da evolución da pintora. O seu estilo, agora de perfís esvaecidos a base de transparencias, irase apartando do clasicismo sen renunciar nunca á figuración.Alcaide, «Un lienzo de Rosario de Velasco en el Museo de Bellas Artes de Valencia», pp. 53-54.

En 2019 foi incluída na exposición colectiva Dibujantas, pioneiras de la Ilustración no Museo ABC.

Exposicións

1924: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid

1932: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid

1932: Exposición da Sociedad de Artistas Ibéricos. Ateneo Mercantil, Valencia

1932: Exposición da Sociedade de Artistas Ibéricos. Statens Museum for Kunst (SMK), Copenhague

1932: Galerie Flechtheim. Berlín

1933: Museos Carnegie de Pittsburgh. Pittsburgh, Pensilvania (Estados Unidos)

1934: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid

1935: Exposición colectiva dedicada a novas artistas e poetas. Participou coa obra El Baño de 1931. Libraría Internacional de Zaragoza

1935: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid

1936: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid

1936: L'art espagnol contemporain: (peinture et sculpture): Musée des écoles étrangères contemporaines, Galerie nationale du Jeu de Paume, 12 février-mars 1936. París

1939: Exposición Nacional de Pintura e Escultura de Valencia, organizada pola Delegación Provincial de Belas Artes da Falanxe Española

1940: Exposición Galerías Augusta, Barcelona. Do 28 de decembro ao 10 de xaneiro de 1941«L'empremta de les dones artistes a la Barcelona de postguerra», MNAC.

1941: Exposición Galerías de Arte. Barcelona. Do 1 ao 15 de outubro

1941: Exposición Nacional de Bellas Artes. Madrid

1942: Bienal de Venecia, coa obra, Adán y Eva.

1943: Pintura e Escultura Españolas na Sociedade Nacional de Belas Artes de Lisboa

1943: Galería Syra. Passeig de Gràcia 43. Barcelona

1944: II Salón de los Once. Galería Biosca. Madrid

1944: Casa del Libro. Do 24 de xaneiro ao 6 de febreiro. Rolda de Sant Pere, 3. Barcelona

1945: Galerías Pictoria. Caspe, 45. Barcelona

1947: Galería Argos. Passeig de Gràcia, 30. Barcelona. Do 26 de abril ao 9 de maio

1950: Exposición de Arte Española. O Cairo (Exipto)

1951: Exposición de Arte Española Contemporáneo. Buenos Aires (A Arxentina)

1952: I Bienal Hispanoamericana de Arte: Exposición Antolóxica Museo de Arte Moderna: Barcelona

1953: Galerías San Jorge (Passeig de Grácia 63, Barcelona) Do 16 ao 29 de maio

1954: Exposición Nacional de Bellas Artes, coa obra Chico con Perro. Palacio Velázquez, Madrid

1955: Sala Gaspar, Consell de Cent, 323. Barcelona. Do 15 ao 28 de xaneiro

1955: III Bienal Hispanoamericana de Arte. Palacio Municipal de Exposicións de Barcelona. Do 4 de setembro de 1955 ao 6 de xaneiro de 1956

1956: Galería Toisón. (Arenal 5, Madrid)

1962: Salón Feminino de Arte Actual. Barcelona

1966: Salón de maio X Edición. Barcelona

1968: VII Salón Feminino de Arte Actual. Sala Municipal de Arte (antiga capela do Hospital de la Santa Cruz) Barcelona

1971: Galería Biosca. R. Xénova, 11. Madrid. Do 11 ao 30 de xaneiro

1971: Galería Syra. Passeig de Gràcia 43. Barcelona. Do 3 ao 16 de decembro.

1974: Galería Syra. Passeig de Gràcia 43. Barcelona. Do 8 ao 21 de marzo

1977: Sala Parés. Carrer Petritxol, 8. Barcelona. Do 26 de xaneiro ao 14 de febreiro

1977: Galería Syra. Passeig de Gràcia 43. Barcelona

1977: Sala Gaspar, Barcelona

1981: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona) do 24 de outubro ao 12 de novembro

1983: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona) do 1 ao 31 de outubro

1985: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona) Do 4 de xullo ao 20 de agosto

1988: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona)

1989: Cau de la Carreta. Sitges (Barcelona) do 4 de marzo ao 9 de abril

2013: Centre Pompidou. Colectiva "Multiple Modernities 1905-1970" París

2019: Dibujantas, pioneras de la ilustración no Museo ABC, Madrid. Exposición colectiva

2020: Dibujantas. Pioneras de la ilustración. Museo Pablo Gargallo, Zaragoza. Desde o 11 de decembro de 2019 ao 8 de marzo de 2021. Exposición colectiva

Notas

Bibliografía

Balló, Tania, Las sinsombrero 2. Editorial Espasa, Barcelona, 2018  . Capítulo 6, pp. 181-206

Ligazóns externas Francisco Umbral: «Rosario de Velasco», El Cultural, 3 de xuño de 2003 Rosario de Velasco , Víctor Ugarte Farrerons Alberto Martínez Artola, «Rosario Velasco Belausteguigoitia», Auñamendi Eusko Entziklopedia Vídeo sobre a exposición Dibujantas no Museo ABC en 2019

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Pintores de España