Juan Rodríguez Rodríguez nado en San Pedro (Cesuris, Manzaneda) en 1887 e finado no mesmo concello o 10 de abril de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Despois de facer o servizo militar en 1910 marchou ao Brasil onde casou coa súa paisana Arsenia Losada. Regresaron a Galicia en 1913 pero volveron marchar a Brasil en 1915. En 1923 regresaron definitivamente e construíron casa e un muíño en Langullo. Afiliado ao PSOE. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro e despois alcalde de Manzaneda. Foi asasinado polos falanxistas de Langullo o 10 de abril de 1937.

Vida persoal

Casou con Arsenia Losada e foi pai de Mario Rodríguez Losada.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Galegos do Brasil

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes de Manzaneda Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Manzaneda Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1937