Mortal Engines é un filme de 2018 de estilo steampunk dirixido por Christian Rivers e con guión de Fran Walsh, Philippa Boyens, e Peter Jackson. Baséase na novela homónima de 2001 escrita por Philip Reeve, e está protagonizado por Hera Hilmar, Robert Sheehan, Hugo Weaving, Jihae, Ronan Raftery, Leila George, Patrick Malahide e Stephen Lang. É unha coprodución entre os Estados Unidos e Nova Zelandia, e está ambientado nun mundo postapocalíptico onde cidades enteiras móvense sobre rodas e practican o darwinismo municipal; o seu universo cinematográfico é diferente ao dos libros.
Mortal Engines tivo a súa estrea internacional o 27 de novembro de 2018 na cidade de Londres, estreouse nos cinemas de Australia e Nova Zelandia o 6 de decembro de 2018, e nos Estados Unidos o 14 de decembro de 2018. O filme recibiu valoracións negativas por parte da crítica, con algúns eloxiando os efectos visuais e a banda sonora, mais a maioría criticou a dirección, o guión e a "falta de personalidade". Pasou á historia como un dos meirandes fracasos de recadación na historia do cinema, conseguindo só 83,7 millóns de dólares contra un orzamento de produción de entre 100 e 150 millóns de dólares, e cunhas perdas estimadas para o estudio de 175 millóns de dólares.
Personaxes
Hera Hilmar como Hester Shaw Poppy MacLeod como Hester Shaw de nena Robert Sheehan como Tom Natsworthy Hugo Weaving como Thaddeus Valentine Jihae como Anna Fang Ronan Raftery como Bevis Pod Leila George como Katherine Valentine Patrick Malahide como Magnus Crome Stephen Lang como Shrike Colin Salmon como Chudleigh Pomeroy Mark Mitchinson como Vambrace Regé-Jean Page como Capitán Madzimoyo Khora Menik Gooneratne como Sathya Kuranath Frankie Adams como Yasmina Rashid Leifur Sigurdarson como Nils Lindstrom Kahn West como Toa Heke Andrew Lees como Herbert Melliphant Sophie Cox como Clytie Potts Caren Pistorius como Pandora Shaw
Notas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes producidos por Peter Jackson Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de WingNut Films Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes ambientados na China Categoría:Filmes ambientados en Asia Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América