O axente invisible (en ) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Anthony e Joe Russo. O guión foi escrito por Christopher Markus e Stephen McFeely, e baséase na novela homónima de 2009 escrita por Mark Greaney. Está protagonizado por Ryan Gosling, Chris Evans, Ana de Armas, Jessica Henwick, Regé-Jean Page, Wagner Moura, Julia Butters, Dhanush, Alfre Woodard e Billy Bob Thornton. Foi producido pola compañía dos irmáns Russo, AGBO, e o filme tenta comezar unha franquía baseada nas novelas de Gray Man de Greaney.
A adaptación da novela de Greaney anunciouse orixinalmente en 2011, con James Gray para dirixir a Brad Pitt, e máis tarde a Charlize Theron nun papel de intercambio de xénero, aínda que ningunha das dúas versións chegou a bo porto. A propiedade permaneceu no inferno do desenvolvemento ata xullo de 2020, cando se anunciou que os irmáns Russo dirixirían, con Gosling e Evans como protagonistas. A rodaxe comezou nos Ánxeles en marzo de 2021, antes de rematar en Praga, en xullo dese ano. Cun orzamento de produción de 200 millóns de dólares, está entre os filmes máis caros realizados por Netflix.
O axente invisible tivo unha estrea limitada en cinemas o 15 de xullo de 2022, a cal foi seguida pola estrea dixital en Netflix o 22 de xullo, onde conta con versión subtitulada en galego traducida por Laura Feijóo. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou o elenco, mais criticou o "guión inzado de clichés e o ritmo vertixinoso."
Personaxes Ryan Gosling como Courtland "Court" Gentry " Sierra Six" Cameron Crovetti como Six de mozo Chris Evans como Lloyd Hansen Ana de Armas como Dani Miranda Jessica Henwick como Suzanne Brewer Regé-Jean Page como Denny Carmichael Wagner Moura como Laszlo Sosa Julia Butters como Claire Fitzroy Dhanush como "Lone Wolf" Alfre Woodard como Margaret Cahill Billy Bob Thornton como Donald Fitzroy Callan Mulvey como "Sierra Four" DeObia Oparei como Dulin Robert Kazinsky como Perini Shea Whigham como pai de Six Eme Ikwuakor como Barnes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Anthony e Joe Russo Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados en Praga Categoría:Filmes ambientados en 2003 Categoría:Filmes ambientados en 2021 Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados en Viena Categoría:Filmes ambientados en Turquía Categoría:Filmes ambientados en Praga Categoría:Filmes ambientados en Mónaco Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Croacia Categoría:Filmes ambientados en Berlín Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego