Manuel Fernández Varela, nado en Ferrol en 1772 e finado en Madrid en 1834 foi un relixioso e teólogo galego, comisario xeral da Cruzada, e membro da Real Academia da Historia.

Traxectoria

Cargos eclesiásticos en Galiza e Madrid Foi cóengo deán da catedral de Lugo en 1807. Conselleiro de Estado, mantivo unha boa amizade co duque do Infantado, do rei Fernando VII. Persoa de ideas ilustradas e con gran sentido político, exerceu unha grande influencia política durante o período absolutista e acumulou grandes riquezas ao longo da súa vida. Como resultado, foi nomeado por Francisco Tadeo Calomarde Comisario Xeral da Cruzada en 1824.

Mecenado Mantivo unha boa relación co pintor de cámara do rei, e o seu labor como mecenas foi moi destacado. Sempre entou reavivar as artes e as ciencias, entre os seus actos, entregoulle á Real Academia de Belas Artes, da que foi vicerreitor, varios lenzos. No eido literario destaca o acto de conmemoración de Miguel de Cervantes colocando unha lápida na casa na que residía en Madrid. Tamén era afeccionado á música, até o punto de que Rossini, con quen mantivo unha boa amizade, compuxo un Stabat Mater na súa honra.

Favoreceu a galegos destacados, entre eles Nicomedes Pastor Díaz, e fomentou desde os seus cargos en Madrid o desenvolvemento e saneamento do Reino de Galiza.

Recensións e recoñecementos O escritor Benito Pérez Galdós descríbeo como alguén de corazón xeneroso, amante das artes e das letras, magnate e mecenas, arrogante e simpático, afable, galán e de boas maneiras.

Foi nomeado membro da Real Academia da Historia o 27 de setembro de 1802 e tamén recibiu o colar da Orde de Carlos III

Pasamento Morreu en Madrid a causa do cólera en 1834.​

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Álvarez Barrientos, Ferri Coll y Rubio Cremades, Larra en el mundo. La misión de un escritor moderno, Publicaciones de la Universidad de Alicante, 2011, ISBN 978-84-9717-160-1

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Personalidades da relixión de Galicia