Juan Nicasio Gallego Fernández, nado en Zamora o 14 de decembro de 1777 e finado en Madrid o 9 de xaneiro de 1853, foi un poeta español da Ilustración. Tivo grande importancia na transición do Neoclasicismo ao Romanticismo.
Traxectoria
Vida persoal Era o primoxénito de Felipe Gallego e Francisca Hernández del Crespo, de orixe fidalga; os seus contemporáneos descríbeno como alto e corpulento, asmático, cordial e bondadoso, enxeñoso, falador e, en ocasións, irónico.
Formación Tivo unha formación clásica en latín e humanidades con bos profesores dende o principio, como Manuel Peláez, profesor dos Reales Estudios de Zamora. Posteriormente estudou na Universidade de Salamanca e cunha bolsa na Universidade de Osma, para finalmente doutorarse en Filosofía e Dereito Civil e Canónico (1800).
Vida relixiosa, política e literaria En 1804 foi ordenado sacerdote e en maio de 1805 opúxose con éxito a unha capelanía real en Madrid; en outubro Carlos IV distinguiuno co nomeamento de director espiritual dos paxes do Palacio Real; para entón comezou a publicar os seus poemas no Memorial Literario. En Madrid estableceu unha grande amizade con Meléndez Valdés e outros xenios prerrománticos: Nicasio Álvarez de Cienfuegos e Manuel José Quintana. No histórico día do 2 de Maio, Nicasio Gallego dedicouse á súa Capellanía en Palacio, e escribiu a súa oda, Influencia do entusiasmo público nas artes.ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Los_poetas_contempor%C3%A1neos.jpg/280px-Los_poetas_contempor%C3%A1neos.jpg|miniatura|280x280px| Juan Nicasio Gallego Fernández retratado en Poetas Contemporáneos de Antonio María Esquivel 1846 - Museo do Prado, Madrid|esquerdaTrasladouse a Sevilla e despois a Cádiz; recibiu entón algunhas gratificacións, como a de racioneiro da catedral de Murcia, e foi nomeado deputado constituínte (como procurador adxunto) por Zamora e traballou na comisión encargada de clasificar os informes relacionados coa convocatoria das Cortes de Cádiz, para o que fora nomeado e na elaboración do proxecto de lei de liberdade de prensa. Alí viviu unha febril actividade, integrando oito comisións e intervindo na discusión de 71 cuestións, até o regreso do rei Fernando VII, que o perseguiu por liberal; estivo por iso ano e medio preso e pasou catro anos recluído; primeiro, na Cartuja de Xerez ; A súa saúde afectada, foi trasladado, a petición propia, ao Mosteiro da Luz de Moguer e de alí ao Convento de Loreto en Sevilla. Tras a escritura de Rafael del Riego foi posto en liberdade en 1820 .
Foi arcediácono de Valencia e cóengo de Sevilla, traduciu Los novios de Alessandro Manzoni e cultivou a crítica literaria. Tamén ocupou os cargos de xuíz eclesiástico e foi nomeado senador vitalicio (1845-1852), académico da Lingua e académico de Belas Artes en San Fernando.
Domingo del Monte fixo unha edición dos seus Versos (Filadelfia: Imprenta del Mensagero, 1829) que incluía sonetos, dúas elexías, entre elas "Al 2 de mayo", dúas traducións do falso bardo celta Ossián (en realidade James Macpherson; o ossianismo influíu tamén no Rexurdimento galego, en especial en Pondal e Cabanillas), e a súa traxedia en verso Óscar. Pasamento Morreu en Madrid en 1852, como consecuencia dunha caída que sufrira o ano anterior.
Notas
Véxase tamén
Literatura en castelán Ilustración Neoclasicismo Romanticismo Ligazóns externas Artigo sobre Juan Nicasio Gallego en La Opinión-El Correo de Zamora Obras dixitalizadas de Juan Nicasio Gallego na Biblioteca Digital Hispánica da Biblioteca Nacional de España (en castelán) Congreso dos Deputados: Arquivo histórico de deputados. (en castelán) Senado de España: Expediente persoal do senador vitalicio D. Juan Nicasio Gallego. (en castelán)
Categoría:Nados en Zamora Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Deputados nas Cortes de Cádiz Categoría:Nados en 1777 Categoría:Finados en 1853