María Manuela Oreiro Lema, chamada despois de casada Manuela Oreiro Lema de Vega, nada en Madrid en 1818 e finada en 1854, foi unha cantante de ópera.

Traxectoria

Formación Estudou no Conservatorio María Cristina, tendo como profesor de solfexo a Baltasar Saldoni e de canto a Francesco Piermarini.

Carreira Contratada como prima donna assoluta polos teatros madrileños na tempada 1836-37, debutou no teatro da Cruz coa ópera I Capuleti e i Montecchi de Vicenzo Bellini, producindo un entusiasmo xeral, que posteriormente se reproduciu cando canta Ana Bolena, a esule di Roma e o Belisario.

En 1838 casou con Ventura de la Vega, e tras unha breve ausencia da escena, volveu e a súa fama alcanzou o seu punto álxido cando chega a Madrid o famoso cantante Giovanni Battista Rubini, con quen cantaba, entre outras, as óperas Lucia di Lammermoor e La sonnambula, compartindo as ovacións co gran tenor.

En 1849 e 1850 participou en obras como Ildegonda, e La conquista de Granada de Emilio Arrieta; La Straniera, de Bellini; Luisa Miller de Giuseppe Verdi, outras.

Vida persoal En 1838 casou co dramaturgo e tradutor Ventura de la Vega. Foi nai do tamén dramaturgo de éxito Ricardo de la Vega.

Pasamento Morreu antes de cumprir os trinta e seis anos. Rubini, o gran tenor, díxolle que nunca atopara ningún compañeiro de escena que tivese a voz, a alma e o canto tan enérxico de Manuela Oreiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Enciclopedia Espasa Tom no. 40, p. 247. ISBN 84-239-4540-5 .

Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1854 Categoría:Sopranos de España