Iúlia Vladímirovna Drúnina (en , AFI , nada en Moscova, URSS, o 10 de maio de 1924 e finada ibídem o 21 de novembro de 1991, foi unha poeta soviética que escribiu en ruso. Foi enfermeira de combate e médica durante a Gran guerra patriótica, e é coñecida por escribir prosa e poesía sobre mulleres na guerra. As súas obras caracterízanse pola claridade moral, a entoación sincera e baséanse na súa experiencia real, incluíndo a participación na guerra como fonte de inspiración para os seus escritos.

Traxectoria

Primeiros anos Iulia creceu en Moscova. O seu pai era profesor de historia e a súa nai traballaba nunha biblioteca e ensinaba música. Iúlia comezou a escribir poesía aos 11 anos e a finais dos anos 30 un dos seus poemas gañou un concurso e publicouse nun xornal.

Segunda guerra mundial Despois de que a URSS fose atacada por Alemaña en xuño de 1941, Iulia, de 17 anos,A partir de entón, en todos os documents, engadíase un ano, escribindo que tiña nacido o 10 de maio de 1924. uniuse á Cruz Vermella, onde se formou como enfermeira e comezou a ser voluntaria nun hospital local. Máis tarde ese verán, cando o exército alemán se achegaba a Moscova, foi enviada para axudar a construír fortificacións preto de Mojaisk, a uns 100 km ao oeste da capital. Alí, durante un dos ataques aéreos, perdeu o contacto co seu destacamento e foi recollida por un grupo de soldados de infantaría que precisaban dun médico de combate. Xunto a eles, Drúnina foi rodeada polo inimigo e pasou 13 días en territorio ocupado.

Iulia volveu a Moscova no outono de 1941, pero pronto marchou a Siberia, xunto co seu pai, como parte da evacuación civil. Non obstante, non quixo saír de Moscova e aceptou evacuar só por mor do seu pai enfermo, que sufrira un ictus ao comezo da guerra. Despois de que o seu pai morrese a principios de 1942, Iulia decidiu que nada máis a mantivo evacuada e dirixiuse a Khabarovsk, no Extremo Oriente ruso, onde se matriculou nunha escola de técnicos de aviación. Non obstante, dado que quería loitar na primeira liña, pronto uniuse a unha unidade de rifles como médica de combate e foi enviada á fronte belarusa, onde serviu xunto a Zinaïda Samsónova (tamén médica de combate), quen morreu en 1944. combate e foi galardoado postumamente co título de heroína da Unión Soviética. Drúnina escribiu despois un dos seus poemas máis sentidos, "Zinka", en , sobre Samsónova.

En 1943 Drúnina resultou gravemente ferida ao quedar un fragmento de metralla no seu pescozo, a só un par de milímetros da arteria carótide. Consciente da gravidade da ferida, limitouse a envolver o pescozo nunha venda e seguiu traballando salvando a outros. Finalmente foi hospitalizada en estado crítico e alí, ao espertar, soubo que estivera preto da morte. No hospital, en 1943, escribiu o seu primeiro poema sobre a guerra, incluído en todas as antoloxías de poesía militar:Despois de recuperarse, foi declarada inválida e desmobilizada. Volveu a Moscova, onde solicitou o Instituto de Literatura Maksim Gorki, pero foi denegada a admisión, considerando que non era o suficientemente madura. Despois volveu á fronte e loitou preto de Pskov e na rexión do Báltico. Foi ferida de novo en novembro de 1944 e pasou o resto da guerra en Moscova onde volveu probar sorte no Instituto de Literatura e esta vez foi autorizada a rexistrarse como veterana de guerra.

Despois da guerra Casou co seu compañeiro poeta e veterano de guerra Nikolai Starxinov en 1944 e deu a luz á súa única filla Yelena en 1946. A familia viviu nun apartamento comunitario en extrema pobreza en Moscova ao terminar a guerra, mentres Iulia seguía escribindo. Varios dos seus poemas foron publicados na década de 1940, incluíndo o seu primeiro libro en 1948, seguido de varios nas décadas posteriores. Tamén escribiu un conto, "Aliska", e unha novela autobiográfica, "Desde estes picos...", .

En 1960, divorciouse do seu primeiro marido e casou co guionista Aleksei Kàpler, a quen coñecera en 1954. Drúnina e Kapler permaneceron felizmente casados até a morte de Kapler en 1979. Drúnina dedicoulle moitos poemas ao seu home.

Últimos anos Durante a época da perestroika, foi elixida membro do Soviet Supremo da URSS. Durante o golpe de agosto de 1991, foi un dos moitos intelectuais que participaron na defensa da "Casa Branca". Porén, máis tarde estivo terribelmente deprimida pola disolución da Unión Soviética e polas publicacións críticas co sistema soviético. Suicidouse o 21 de novembro de 1991. Na súa carta de suicidio escribiu o seguinte:Para Drúnina, o colapso de todo o universo soviético resultou un choque tremendo, baixo cuxas ruínas quedaron enterrados os ideais de toda a súa xeración. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Stary_Krym_cemetery4680.JPG/220px-Stary_Krym_cemetery4680.JPG|miniatura| Tumbas de Kàpler e Drúnina Seguindo os seus últimos desexos, foi soterrada xunto ao seu marido, Aleksei Kàpler, no cemiterio de Starokrímskoie, en Starí Krim.

Homenaxes Un planeta menor, 3804 Drunina, descuberto pola astrónoma soviética Lyudmila Chernikh en 1969 leva o seu nome.

Obra poética A peculiaridade dos poemas de Drúnina radica nunha amábel comprensión e visión do mundo e, o que é máis importante, na guerra na que a muller da poesía, Drúnina (unha constante, no conxunto das súas calidades, do carácter da súa obra, sexa cal seca o nome co que fala), achega non só a súa coraxe, paciencia e axuda incansábel, senón tamén a protesta inicial pola incompatibilidade da esencia feminina vivificante contra a destrución e o asasinato.

Poema "Como explicarlle a un cego"

Notas

Véxase tamén

Poetas bélicos soviéticos Poeta de guerra

Ligazóns externas

Web non oficial dedicada á poeta Iulia Drúnina lendo poesía. Vídeo en YouTube

Categoría:Escritores da Unión Soviética Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Políticos da Unión Soviética Categoría:Médicos de Rusia Categoría:Poetas de Rusia Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados en Moscova