A Estación de Bioloxía Mariña, ou polo seu nome en portugués Estação de Biologia Marítima de Inhaca, na illa de Inhaca, á entrada da baía de Maputo, no sur de Mozambique, é un centro de investigación da Universidade Eduardo Mondlane.
Historia Foi inaugurado en 1951 polo Instituto de Investigação Científica de Moçambique, para apoiar a investigación da Universidade de Witwatersrand en Suráfrica.
Situación A illa da Inhaca forma parte da Reserva Mariña Parcial da Ponta do Ouro. O complexo está situado preto dunha enseada na beira occidental da illa e está separado da praia por unha franxa de vexetación autóctona, só aberta en dous lugares para o acceso das persoas. Polo lado terrestre, a estación está protexida por unha duna duns 100 m de altura, sobre a cal está a casa do director da estación e un pequeno posto meteorolóxico.
Estrutura A Estación está formada por un bloque con laboratorios, biblioteca e museo e outro con dous dormitorios separados por un conxunto de salas; as salas teñen capacidade para unhas 30 persoas cada unha e normalmente están ocupadas por estudantes de cada sexo, que se desprazan até alí para realizar traballos de campo. As aulas están reservadas para o profesorado.
Museu A Estación de Bioloxía Mariña, cuxo museo -que reflicte as actividades de investigación que alí se desenvolven- non só conta cunha enorme colección de organismos mariños, senón tamén de ecosistemas terrestres.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina oficial da Estación de Bioloxía Mariña
Categoría:Universidades de África Categoría:Facultades Categoría:Mozambique Categoría:Bioloxía