1981 (MCMLXXXI) foi un ano común comezado en xoves no calendario gregoriano.

Acontecementos 1 de xaneiro, Grecia ingresa na CE, converténdose no décimo membro desta organización. 2 de xaneiro, Peter Sutcliffe, o Destripador de Yorkshire, é arrestado. 21 de febreiro - Lanzamento do observatorio espacial Hinotori. 23 de febreiro, intento marrado de golpe de estado do tenente coronel Tejero en España, máis coñecido como o 23-F. 28 de abril, publícase a Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril pola que se aproba o Estatuto de Autonomía para Galicia. 1 de maio, en España morre a primeira vítima da intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, a intoxicación alimentaria máis grave de tódolos tempos, con máis de 20 000 afectados. 16 de xullo - Mahathir bin Mohamad convértese en primeiro ministro de Malaisia. 1 de novembro - Proclámase a independencia de Antiga e Barbuda.

Nacementos 28 de xaneiro - Elijah Wood, actor estadounidense. 9 de febreiro - Ariel Mendizábal, pasteleiro galego. 24 de febreiro - Lleyton Hewitt, tenista australiano. 24 de febreiro - Alesana Tuilagi, xogador de rugby samoano. 16 de marzo - Fabiana Murer, atleta brasileira. 22 de abril - Marta Larralde, actriz galega. 28 de abril - Jessica Alba, actriz estadounidense. 5 de maio - David Teague, xogador de fútbol australiano. 12 de maio - Rami Malek, actor estadounidense. 7 de xuño - Anna Kournikova, tenista rusa. 9 de xuño - Natalie Portman, actriz israelí. 10 de xullo - Rita Redshoes, cantante portuguesa. 27 de outubro - Daniel Salgado, xornalista e escritor galego.

Mortes Xaneiro - Xosé Núñez Búa, escritor e intelectual galego (n. 1897) 4 de xaneiro - Moisés da Presa, escritor e galeguista (n. 1904). 5 de xaneiro - Harold Clayton Urey, físico-químico estadounidense, Premio Nobel de Química (n. 1894). 9 de febreiro - Bill Haley, músico estadounidense (n. 1925). 28 de febreiro - Álvaro Cunqueiro, escritor galego. 5 de marzo - Fermín Penzol, galeguista (n. 1901). 9 de marzo - Max Delbrück, biólogo alemán, Premio Nobel (n. 1906). 5 de abril - Carlos Montenegro Rodríguez, escritor galego (n. 1900). 23 de abril - Josep Pla, escritor e periodista catalán (n. 1897). 1 de maio - Ramón Barreiro Vázquez, fotógrafo, cineasta e escritor galego (n. 1906). 11 de maio - Bob Marley, músico de reggae xamaicano (n. 1945). 11 de maio - Odd Hassel, químico noruegués, Premio Nobel (n. 1897). 13 de xuño - Amácio Mazzaropi, actor e director de cine brasileiro (n. 1912). 19 de xuño - Vicente Sierra Martínez, avogado e político galgo (n. 1900). 19 de xullo - José María Pemán, avogado, escritor e periodista español (n. 1897). 1 de agosto - Omar Torrijos Herrera, presidente e ditador panameño (n. 1929). 22 de agosto - Glauber Rocha, cineasta brasileiro (n. 1938). 1 de setembro - Albert Speer, oficial nazi (n. 1905) 7 de setembro - Laureano Santiso Girón, avogado, xornalista e político galego (n. 1899). 8 de setembro - Hideki Yukawa, físico xaponés, Premio Nobel de Física (n. 1907). 9 de setembro - Jacques Lacan, psicanalista francés (n. 1901). 12 de setembro - Eugenio Montale, poeta italiano, Premio Nobel de Literatura en 1975 (n. 1896). 28 de setembro - Rómulo Betancourt, político, periodista e expresidente venezolano. 6 de outubro - Anwar el-Sadat, presidente de Exipto (1970-1981), premio Nobel da Paz en 1978 (n. 1918). 15 de outubro - Rafael Dieste, escritor galego (n. 1899). 16 de outubro - Moshe Dayan, xeneral israelí (n. 1915). 29 de outubro - Georges Brassens, poeta e cantautor francés (n. 1921). 12 de novembro - Luís Soto, político e xornalista galego (n. 1902). 22 de novembro - Hans Adolf Krebs, médico e bioquímico alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1900).

Premios Nobel Física: Nicolaas Bloembergen, Arthur Leonard Schawlow e Kai Siegbahn Química: Kenichi Fukui e Roald Hoffmann Fisioloxía ou Medicina: Roger W. Sperry, David H. Hubel e Torsten N. Wiesel Literatura: Elias Canetti Paz: Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados Economía: James Tobin

Día das Letras Galegas dedicado a: Vicente Risco

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1981