Dileptus é un xénero de ciliados unicelulares da clase Litostomatea. As distintas especies de Dileptus poden vivir, segundo os casos, en auga doce e salgada ou sobre musgos e solos. A maioría son predadores agresivos equipados con probóscides longas e móbiles tapizadas de extrusomas tóxicos, cos cales atordan organismos máis pequenos para capturalos e alimentarse deles. Recoñécese actualmente 13 especies e subespecies de Dileptus.Vďačný, Peter, and Wilhelm Foissner. Monograph of the dileptids (Protista, Ciliophora, Rhynchostomatia). Land Oberösterreich, Biologiezentrum/Oberösterreichische Landesmuseen, 2012
Especies de Dileptus utilizáronse como organismos modelo para o estudo dos padróns de ciliatura, ontoxénese, conxugación e obtención de alimento.
Aparencia e características
Os corpos dos Dileptus son tipicamente estreitos ou cilíndricos e teñen un macronúcleo feito de máis dun cento de nódulos espallados. Durante a división celular estes nódulos divídense cada un por separado. No extremo dianteiro da célula hai unha probóscide móbil. O citostoma está na base deste órgano e está ben reforzado con barras de microtúbulos ríxidas (nematodesmos). A superficie da célula está cuberta uniformente de cilios dispostos en ringleiras lonxitudinais. O corpo pode facerse máis afiado no extremo posterior, formando unha porción que parece unha cola. Hai múltiples vacúolos contráctiles situados en fila ao longo da superficie dorsal. A maioría dos Dileptus son incoloros, pero dúas especies levan algas verdes simbióticas no citoplasma.Carey, Phillip G., Marine Interstitial Ciliates: An Illustrated Key. Chapman and Hall, 1992,
Historia e clasificación
miniatura|330px|esquerda|Amphileptus margaritifer (hoxe Dileptus margaritifer) ilustrado por C. G. Ehrenberg, 1838. Unha especie de Dileptus foi descrita por C. G. Ehrenberg en 1833, co nome Amphileptus margaritifer. Oito anos despois, Félix Dujardin creou o xénero Dileptus e trasladou o A. margaritifer de Ehrenberg a el (onde segue estando), xunto con Dileptus anser Müller 1773 (agora clasificado en Pseudomonilicaryon) e Dileptus folium (agora Litonotus cygnus). Ao longo do seguinte século, describíronse moitas especies novas. En 1963, cando Jean Dragesco publicou o primeiro informe detallado do xénero, este comprendía 50 especies.
Nun estudo taxonómico completo publicado en 2012, Peter Vďačný e Wilhelm Foissner restrinxiron o xénero Dileptus aos diléptidos que "teñen máis de 50 nódulos micronucleares espallados que se dividen individualmente", o cal deixa só dez especies nominais dentro do grupo. Moitos membros tradicionalmente recoñecidos de Dileptus, incluíndo especies ben coñecidas como Dileptus anser, foron cambiadas a outros xéneros, como Pseudomonilicaryon e Rimaleptus.
Especies de Dileptus
Dileptus anatinus Golińska, 1971 Dileptus beersi Jones, 1956 Dileptus costaricanus Foissner, 1995 Dileptus dubius Vuxanovici, 1959 Dileptus estuarinus Dragesco, 1960 Dileptus jonesi Dragesco, 1963 Dileptus margaritifer (Ehrenberg, 1833) Dileptus multinucleatus Vuxanovici, 1959 Dileptus sphagnicola Vdacny & Foissner, 2011 Dileptus viridis (Ehrenberg, 1833) Foissner, 1987
Galería miniatura|Dileptus sp.miniatura|Dileptus sp.
Notas
Categoría:Cilióforos